Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
DESPEDIMENTO MASIVO NUNHA FILIAL DE TELEFÓNICA

As chamadas xestionadas nun telecentro coruñés serán atendidas en Sudamérica

A Plataforma de Atención ao Cliente que ten Atento, filial de Telefónica, na Coruña, decidiu o despedimento de 179 traballadores, segundo denuncian os sindicatos.

Redacción - 09:00 15/03/2007

"Está claro que a intención de Telefónica céntrase en pechar gradual e completamente os seus servizos de atención ao cliente no Estado e trasladalos ás plataformas que xa ten abertas en Arxentina, Brasil, Chile, Colombia, El Salvador, Guatemala, Marrocos, México, Perú, Puerto Rico e Venezuela", critican desde a Coordinadora Unitaria de Traballadores.

Logo de xuntanza con representantes da empresa, a CIG comunicoulle á coordinadora que a cifra final de despedidos na Coruña será de 179 persoas, que se suman aos 18 despedidos anteriormente por estar de baixa, segundo confirmou nun comunicado de prensa. Denuncian que esta deslocalización non respecta os dereitos dos traballadores nin a protección de datos dos clientes, "ademais de abusar da confianza recibida por parte das institucións en forma de subvencións para formación e tendido telefónico".


4,33/5 (3 votos)


Comentarios (1)

mondoxibaro #1 15/Marzo/2007 mondoxibaro

Este tipo de novas, reafirma a postura de esixir a nosa fala ás operadoras de telefonía,non por unha cuestión de nacionalismo, (que tamén pode ser) senón de xustiza; de revertir na economia dos pobos, o que esquilman nas faturacións

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: