"...Nós dicímoscho: no Instituto Xeográfico Nacional". A Ciberirmandade da Fala suma apoios na rede para eliminar os "barbarismos" da web deste órgano dependente do Ministerio de Fomento.
"La Bola, Castrelo del Valle, Jinzo de Limia, El Irijo, Junqueira de Ambía, Lobera, Viana del Bollo, Villardevós, Germade, Jove, Otero de Rey, Pedrafita del Cebrero"
Non é aceptábel que na páxina web dunha administración como é a Dirección Xeral do Instituto Xeográfico Nacional, practicamente todos os topónimos de Galiza "estean tan grotescamente deturpados, esquecendo o deber de respetar os nomes oficiais dos concellos galegos".
Desde a Ciberirmandade da Fala subliñan a importancia da toponimia na elaboración da cartografía e lémbranlle ao IGN que polo seu labor debera ser "especialmente coidadoso con este tipo de grallas".
"A versión en galego desta páxina web ten a meirande parte dos seus contidos en castelán, e as partes en galego están inzadas de faltas de ortografía, o que é unha enorme falta de respecto para a cidadanía galega", denuncian.
A Ciberirmandade propón enviarlle un correo electrónico á institución solicitando a corrección dos topónimos.
Olá a tod@s!
Correcto, as formas que "deveriam" ser seriam: (A) Bóla, Castrelo do Val, Xinzo de Limia, (O) Irixo, Xunqueira de Ambía, Lobeira, Viana do Bólo, Vilardevós, Xermade, Xove, Outeiro de Rei, Pedrafita do Cebreiro...
Mas por que nom: Bola, Castrelo do Vale, Ginzo de Límia, Irijo, Junqueira de Ambia, Lobeira, Viana do Bolo, Vilar d'Avós, Germade, Jove, Outeiro de Rei, Pedra Fita do Zebreiro? (Topogal).
Estas som formas galegas, com grafias etimológicas, coerentes, soariam igual que as formas oficiais,... Penso que deveriam ser as oficiais, mas isso é só umha opiniom pessoal, que cadaquem pense como lhe pete (concordamos isso si no feito que os topónimos em galego som os genuinos e válidos, verdade?).
Saúde