O goberno ultraconservador fixará multas, despido e mesmo penas de cárcere para quen faga calquera mención nas institucións académicas.
O ministro Orzechowski
As agresións a gais e en xeral o belixerante clima cara á homosexualidade que enchoupa a sociedade polaca, segundo advirten diversos colectivos sociais, non poderá ser combatida desde as escolas. As asociacións advirten de que as propostas didácticas contra a intolerancia, ou campañas de prevención fronte á SIDA quedarán prohibidas coa nova lexislación que prepara o goberno.
Human Rights Watch critica que o goberno polaco contribúa a estender a "cultura do odio" e teime en discriminar os cidadáns segundo a súa orientación sexual. Hai unha semana, o propio ministro de Educación polaco, Marek Orzechowski, avanzara que a norma que o seu departamento preparaba pretendía "castigar a calquera que promova nos centros educativos a homosexualidade ou calquera outra desviación da natureza sexual". Ademais, o ministro subliñou que calquera mestre que faga público que é gay será automaticamente despedido do traballo. O executivo agarda que a lei estea lista nun mes.
Inacreditavel, e despois critican a Stalin, cando som iguais ou piores ca el.
Que salga embora Lech Walesa con "Solidarnosk" pra protestar e reclamar liberdade.
Outra revolucom laranxa, coma os fantoches de Estados Unidos.
Acto totalitario e fascista dos irmaos, xemeos, um presidente e outro primeiro menistro (nin na Alemanha nazi) Gasinsqui.
Claro que os polacos son os culpaveis da situación, non poden dicer que foron sorprendidos por estes governantes fascistas. Uns elementos coma estos non poden pasar desapercebidos. A Unión Europea ten que tomar medidas con esta agresión aos direitos humanos