ostresdoeixo

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
Dispoñíbel "en breve", dende 2004

A web en galego da Deputación de Lugo leva seis anos "en obras"

A lingua do país segue a ser discriminada polo organismo provincial tres anos despois de reformar á súa páxina en internet, e outros tantos máis dende que varias organizacións cívicas llo reclamaran oficialmente.

F. Arrizado - 14:21 22/03/2007

A Deputación de Lugo, gobernada polo Partido Popular, continúa a ignorar o 75% da poboación da provincia -segundo datos do Instituto Galego de Estatística, IGE-, que emprega a lingua do país para se comunicar (só o 8% faino exclusivamente en castelán).

A consulta da web da institución que preside Francisco Cacharro Pardo tense que facer obrigatoriamente en español, xa que, nin sequera, existe a posibilidade de acceder a unha versión traducida en galego.

Campañas dende o 2001

Xa dende comezos do ano 2001, diversas organizacións de defensa da lingua como a Mesa pola Normalización Lingüística (MNL) ou a CiberIrmandade da Fala veñen demandando unha opción en galego deste sitio web.

En xullo de 2004, a Deputación deulle un lavado de cara ao deseño da páxina, e introduciu unha pequena ligazón ao seu pé, "Web en galego", na que se lle comunicaba a todos os usuarios deste servizo que "actualmente está en fase de elaboración a versión en galego desta páxina web. En breve estará á disposición de todos os interesados. Dende a Deputación Provincial de Lugo, rogamos que disculpen (sic) calquera inconveniente que esta circunstancia poida ocasionarlles".

"Traslado e adecuación do servidor"
Despois de dous anos sen se cumprir esta promesa, e tras unha nova campaña da CiberIrmandade a principios de 2006, a Deputación realizou unha pequena modificación do texto: de "elaboración ", pasouse a "traslado e adecuación do servidor web".

Porén, a día de hoxe, o devandito "traslado e adecuación" -máis dun ano despois- continúa a se levar a cabo. E a Deputación de Lugo segue a pedir "disculpas".


Ligazóns

4,36/5 (14 votos)

Comentarios (4)

ifrit #1 22/Marzo/2007 ifrit
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Xa non se di en obras, ho! Está en beta :D

eugalego #2 22/Marzo/2007 eugalego
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Fora fascistas da nossa terra. Se lhes gusta Espanha, q vaian a vivir a ela.

ferreira #3 22/Marzo/2007 ferreira
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Na web da Ciberirmandade hai unha ligazón que permite enviar un prego de protesta á Deputación con só un par de clics. Este é o texto co que se presenta a campaña:

Xa en abril de 2001 a CiberIrmandade tivera como obxectivo a Deputación de Lugo esixíndolle o cumprimento da lexislación que a obriga a facer un uso normal do galego, incluindo obviamente a súa páxina web.

A data de hoxe a nota de que "en breve estará a disposición.." a versión galega, seguía colgada: "Comunicamos a todos os usuarios deste servizo, que actualmente está en fase de elaboración a versión en galego desta páxina web. En breve estará á disposición de todos os interesados. Dende a Deputación Provincial de Lugo, rogamos que disculpen calquera inconveniente que esta circunstancia poida ocasionarlles".

Por se non fose abondo, a Deputación de Lugo emprende o camiño para avanzar na súa galeguización: suprimir o seu Servizo de Normalización Lingüística, en marcha desde o ano 1994!

Desde a CIF consideramos inaceptable que unha administración pública ignore a lexislación que a obriga a respectar os dereitos lingüísticos dos administrados, e moito máis que dea pasos atrás neste eido.

Convidámosvos, por tanto, a lle enviar unha mensaxe de protesta ao Presidente da Deputación de Lugo.

xansenmedo #4 24/Marzo/2007 xansenmedo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

meu caro ferreira, e a que enderezo lla envíamos?: ao do Pazo de San Marcos ou ao de Alhaurín de la Torre?

PD.: Cacharro, en castellano ou en galego, vas acabar co teu cu no talego!!!

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: