ostresdoeixo

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A COOPERATIVA GALEGA MANTÉN O TIPO

Feiraco desmárcase das multinacionais e négase a pagarlle menos aos gandeiros

Asegura que non hai razóns obxectivas para pagarlle menos aos produtores, tal e como sosteñen outras empresas.

Redacción - 19:01 23/03/2007

O consello rector da cooperativa Feiraco, que ten 7.000 gandeiros asociados, decidiu non hai ningunha razón de mercado que xustifique unha baixada do prezo do leite en orixe e incluso fala de que está a haber lixeiras subas en Francia e nos Países Baixos. A postura da empresa galega é especialmente simbólica xa que algunhas multinacionais están decididas a baixar un 4% o importe que lle pagan aos gandeiros polo leite.

Pola súa parte as organizacións agrarias xa anunciaron que tomarían medidas en caso de que se fixese efectiva a baixada de prezos. A Consellería de Medio Rural tamén asegurou que non hai razóns para que as empresas tomen de xeito unilateral a decisión de reducirlle os pagos aos gandeiros.


4,96/5 (25 votos)


Comentarios (5)

Jomalva #1 24/Marzo/2007 Jomalva
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Xa nin o leite e noso...

Galactos #2 24/Marzo/2007 Galactos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Mais nós, como consumidores, tamén podemos facer algunha cousa: comprometernos a consumir o leite desas industrias, aínda que sexa máis caro. Isto tamén é "comercio xusto", xusto cos produtores e mellor para todos nós, xa que así contribuímos para manter os postos de traballo na Galiza e para a conservación do meio rural, loitamos contra o despoboamento do campo, contra o lume e a degradación da paisaxe, e ademais, consumir o próximo é máis ecolóxico.

Artritris #3 24/Marzo/2007 Artritris
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Paréceme que Feiraco non da puntada sen fío, e fai ben. Ir na procura do consumidor "solidario" é unha estratexia arriscada pero válida, porque moita competencia non ten. Eu xa consumía Feiraco, pero agora non vou tirar do "Dia%" nin cando ande apurado :)

casdeiro #4 26/Marzo/2007 casdeiro
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Arrecarallo! Todo o meu apoio a esta cooperativa! Estou con Galactos en que isto tamén é comercio xusto, polo menos máis xusto que comprar leite doutras empresas que non respectan aos produtores. Vou ver de a atopar por algures aquí en Barakaldo...

txari #5 27/Marzo/2007 txari
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

eu sempre consumía feiraco, malia estar apurado até que tiven que me mudar a onde feiraco chega pero moi pouco, o meu máximo apoio a ista cooperativa....

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: