Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Está previsto para o mes de outubro

A Marcha Mundial das Mulleres volverá reunirse en Galiza

Logo da manifestación que encheu Vigo hai case tres anos, Galiza volve ser sede da Marcha Mundial das Mulleres. As 70 coordinadoras de diversos países do mundo xuntaranse en outubro.

Redacción - 18:25 28/03/2007

Despois da marcha do 22 de maio do 2004, que xa foi en Vigo, será de novo unha cidade galega a que acolla o encontro internacional da Marcha Mundial de Mulleres. En outubro do 2008 reuniranse representantes das case 70 coordinadoras nacionais deste movemento. A voceira da coordinadora galega, Victoria Iglesias, non adiantou de que cidade se trata (aínda está por determinar), pero si anunciou tamén unha mobilización masiva que se realizará a finais do ano. Tamén se levará adiante un encontro europeo durante o verán en Suíza ou Francia.

A coordinadora do Secretariado Internacional da Marcha, a brasileira Míriam Nobre (quen estivo presente este pasado domingo no congreso do Auditorio), explicou que os principais retos da Marcha para os vindeiros tres anos pasan por catro liñas de acción, cunha finalidade común: fortaleceren a interrelación entre as coordinadoras de todos os países participantes e o intercambio de experiencias. Analizaranse as leis de cada país, buscaranse alternativas para a desmilitarización dos pobos, loitarase polos dereitos laborais e a igualdade salarial nunha campaña a prol da autonomía económica da muller, e debaterase sobre a relación da humanidade co seu medio (privatización da auga e outros recursos ou soberanía alimentaria).


4,4/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: