Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
De momento, só no Reino Unido

Procúranse probadores de condóns, posíbel salario de 735 euros

A empresa Durex procura no Reino Unido testeadores para a súa liña de preservativos e lubricantes.

Redacción - 16:52 30/03/2007
Cartel da promoción

Cartel da promoción

Probador de camas, videoxogos, marisco, ferraris... Son algunhas profesións utópicas polas que de seguro que máis dun cambiaba o seu actual posto de traballo. Este venres, unha empresa ofrece a oportunidade real e remunerada de converterse nun 'probador oficial'.

Estamos a falar de Durex, que ofrece na súa web o “traballo dos teus soños”, unha “oportunidade de ouro para converterse nun probador de condóns”. A compañía británica procura deste xeito crear un panel de mostra de persoas que manteñan relacións sexuais usando os seus produtos, “e que despois conten as súas experiencias”.

A iniciativa, que conta co éxito dunha experiencia similar desenvolvida hai un ano en Francia, está aberta a toda clase de suxeitos que desexen probar antes que ninguén a gama de preservativos e lubricantes da empresa. Porén, de momento só os residentes no Reino Unido poden participar neste proceso de selección. Os interesados deben cubrir un cuestionario e poderán gañar até 735 euros por participar na convocatoria.


3,8/5 (5 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: