A través de axudas para a renovación do parque automobilístico, a mellora da envoltura térmica das edificacións e dun Plan Renove de Electrodomésticos.
O conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco, anunciou este venres unha serie de axudas por importe de máis de 18 millóns de euros co fin de que o 95% do consumo eléctrico de Galiza se cubra con enerxías renovábeis no ano 2012.
Blanco sinalou, no marco das III Xornadas de Enerxías Renovábeis e Aforro Enerxético en Carballo, que uns 14,3 millóns de euros se destinarán a actuacións de aforro e eficiencia e, en concreto, á renovación do parque automobilístico con vehículos híbridos, á mellora da envoltura térmica das edificacións e ao desenvolvemento o segundo ano do Plan Renove de Electrodomésticos.
Outros catro millóns de euros dedicaranse ao fomento do uso de enerxías renovábeis por parte das administracións públicas e dos axentes privados. Segundo as previsións do executivo galego, a potencia instalada deste tipo de enerxía en Galiza aumentará nun 73%, dende os 6.110 vatios do ano 2005 ata os 10.601 en 2012.
Blanco engadiu que a superficie de paneis solares térmicos rexistrará un aumento do 930%, de 11.649 metros cadrados a 120.000 no ano 2012.
Eso de 6.110 vatios a 10.601 vatios é unha broma ¿verdade?; porque 6.110 vatios = 6,11 quilovatios e 10.610 vatios = 10,61 quilovatios. "O meu televisor consume mais" ¡jejejeje...!
O do noso Conselleiro si que vai ser unha auténtica milagre, porque en Portugal "unha nova instalación de enerxía solar, edificada nunha área de preto de 60 hectáreas de oliveiras, vai producir enerxía suficiente -ao redor dos 20 xigavatios/hora- para abastecer até 8.000 casas" e en Galiza ímonolo facer cuns poucos VATIOS.