Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O 6 DE MAIO EN COMPOSTELA

Colectivos de todo o país convocan unha manifestación contra a desfeita urbanística

Vinte asociacións acordaron saír á rúa para poñer freo ao proceso de “cementación de Galiza”.

Redacción - 10:47 02/04/2007
A Serra do Courel é un espazo ameazado polas canteiras. / Foto: FreeCat

A Serra do Courel é un espazo ameazado polas canteiras. / Foto: FreeCat

A capital do país vai acoller o vindeiro domingo 6 de maio unha manifestación que demandará políticas urbanísticas sustentábeis. Vinte colectivos sociais, convocados por Fusquenlla (Eume), decidiron programar este acto logo dunha asemblea celebrada o pasado sábado en Compostela. As asociacións fan un chamamento á cidadanía para que amose “a repulsa pola degradación do territorio, un feito que ameaza a propia identidade de Galiza”.

Os colectivos coincidiron na necesidade de celebrar este acto reivindicativo dado a agresión que sofre tanto o litoral como o interior do país. Como exemplos sinalan a construción de piscifactorías ou as canteiras que ameazan paraxes do Courel ou da Terra Chá. Tamén se fai mención á destrución do patrimonio arquitectónico, á desaparición de espazos públicos e á edificación masiva.


Ligazóns

4,38/5 (13 votos)


Comentarios (2)

Roquinho #1 3/Abril/2007 Roquinho

Mentras non exista unha aposta politica clara para definir unha politica de vivenda, que teña en conta as necesidades reais de vivenda nova, vivenda restaurable,etc., e todo elo partindo dunha ordeación do territorio que defina claramente os diferentes usos que se lle quere dar, non existe solución a degradación do territorio. Todo elo ademais debe ir acompañado dunha lei de financiación dos concellos que ten que ser consensuada por todolos partidos politicos para non facer desta cuestión un uso electoralista, porque como todos sabemos neste país a maioria dos politicos so pensan no seu futuro inmediato, e ese futuro supón chegar o poder para engordar económicamente el e mais os seus.

pordaralata #2 4/Abril/2007 pordaralata

A desfeita urbanística NON TEN SOLUCIÓN MENTRES OS CONCELLOS TEÑAN A INTERVENCIÓN QUE TEÑEN

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: