Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
MENTRES PROSEGUEN OS TRABALLOS

Solicítanlle á Fiscalía que investigue se hai irregularidades na ampliación de Sabón

Os veciños acusan ao Concello de Arteixo de impedirlles o acceso ao expediente municipal que autoriza as obras na central térmica.

Redacción - 11:56 04/04/2007

A plataforma veciñal que se opón ao paso de liñas de alta tensión pola parroquia de Oseiro anunciou este mércores que vén de presentar un escrito diante da Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza. O colectivo quere que este órgano estudie posíbeis irregularidades na concesión da licenza municipal. Aseguran que o Concello de Arteixo non lles facilita toda a información que requiren.

Anxelina Casas, unha das voceiras da plataforma, sinala que non lles quedou outro remedio que acudir á xustiza xa que “as obras están en marcha e incluso están a traballar sábados e domingos”. O colectivo tamén lle solicitou por escrito á Consellería de Medio Ambiente que lle denegue a Unión Fenosa a autorización ambiental para ampliar Sabón.

Os veciños demandan dende hai anos a retirada dunha liña de alta tensión que atravesa aldeas e urbanizacións da zona. Pretenden que Unión Fenosa modifique o trazado antes de que estea en marcha o novo sistema de ciclo combinado, momento no que saben que vai ser practicamente imposíbel varialo.


4.5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: