Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
UNHA DAS TAXAS MÁIS ALTAS DE EUROPA

As emisión de CO2 en Galiza medraron un 30% dende 1990

Verdegaia e Ecoloxistas en Acción promoven unha exposición intenerante sobre o cambio climático.

Redacción - 13:20 07/04/2007
As emisións de CO2 aceleran o cambio climático / Foto: picoterrad

As emisións de CO2 aceleran o cambio climático / Foto: picoterrad

O noso país ten unha das taxas de CO2 por habitante máis altas de Europa. Así o vén de recordar o colectivo Verdegaia que, canda a organización estatal Ecoloxistas en Acción, vai pór en marcha unha exposición itinerante baixo o lema de “Paremos o cambio climático”. A mostra, que consta de catorce paneis, poderá verse en diferentes municipios galegos.

Para Verdegaia, os galegos aínda non son conscientes do grave problema que supón o cambio climático. Como exemplo, dende Verdegaia revelan que dende 1990 as emisións de CO2 medraron máis dun 30% en Galiza.


3,67/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: