Candidatos e alcaldes prometen redes municipais en Cambados, A Coruña, Ribadumia e Santiago.
É a última moda da precampaña municipal. Municipios e candidatos a alcaldes prometen o despregamento de redes de acceso a internet sen fíos e, nalgúns casos, gratuítas. É o caso de Ribadumia, que xa comezou a instalala en Barrantes.
Ademais deste concello pontevedrés, as promesas de wifis públicas agroman por toda a xeografía galega. Por exemplo, o candidato do PSdG en Cambados, Domingo Tabuyo , tamén prometeu universalizar o acceso á rede mediante unha wifi pública. Tamén en Santiago está anunciada a entrada en servizo dunha rede pública antes de fin de ano. Na Coruña o alcalde e candidato socialista Javier Losada anunciou o lanzamento dunha wifi gratuíta.
Problemas legais
Porén, existe un límite o desenvolvemento destas redes. É que a Comisión do Mercado das Telecomunicacións (CMT) xa pechou varias wifis municipais, por exemplo en Barcelona, porque, alega, distorsionan o libre mercado.
O director xeral para o desenvolvemento da Sociedade da Información, David Cierco, pronunciouse en contra das iniciativas que “distorsionen a competencia” e non aseguren a neutralidade tecnolóxica. É dicir, ao entender do Estado, as infraestruturas públicas non poden frear o despregamento das redes das operadoras privadas.
Por iso en Ribadumia explican que a través da rede publica “as empresas operadoras poden ofrecer ós veciños contratos cos que inclúan melloras substanciais no servizo”, un requisito para salvar as amoestacións da CMT.
Contos como sempre,para tentar captar o voto dos xoves,veremos a ver canto lles dura este entusiasmo tralas eleccions,ou se nas seguintes ainda seguen no aire estes proxectos!
O carallo é que a algúns se lles tildou pouco menos que de dementes por propñer esto memso hai un par de anos, antes de que existira a WIFI de A Estrada.
En Ogrobe, onde vivo, o BNG propuxo daquela unha rede WIFI municipal para todo o concello, con previsión de custes e planos de cobertura...
Tanto o PSOE coma o PP municipais llo botaron atras... E agora todos os partidos se lanzan a prometela... Patético!