Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
HABERÁ CONCENTRACIÓNS DE PROTESTA

A CIG anuncia mobilizacións contra o calendario escolar que propón Educación

Entregará o vindeiro luns 18 de abril 6.000 sinaturas de mestres contrarios ao cambio

Redacción - 20:17 10/04/2007

O sindicato nacionalista considera que a proposta da consellaría de manter o horario escolar durante os meses de xuño e setembro é simple propaganda que busca desviar os problemas reais. O secretario nacional deste sindicato, Anxo Louzao, sinalou este martes que a ampliación de horarios, ademais de prexudicar o profesorado tamén repercutirá negativamente no alumnado.

A CIG defende que para conciliar a vida laboral e familiar o lóxico sería manter o servizo de comedor e que se garantiran as actividades extraescolares gratuítas e universais. O sindicato entende que a consellaría só busca aforrar no transporte escolar, que é o que condicionaría a xornada lectiva e non ao revés.

A organización vai entregar o vindeiro 16 de abril na consellaría máis de 6.000 sinaturas de profesores que se opoñen á reforma. O 18 de abril haberá concentracións nas sete cidades e na vila de Burela. Por último, a CIG vaise pór en contacto coas demais centrais sindicais para estudar a posibilidade de convocar unha folga se Educación segue adiante coa súa proposta.


5/5 (3 votos)


Comentarios (5)

Barcelos #1 10/Abril/2007 Barcelos

Manda carallo. Cando eramos pequenos tiñamos vacacións dende xuño hasta outubro. E agora queremos foder a os mais cativos porque molestan na casa. Eso non e totalitarismo paternal?

Barcelos #2 10/Abril/2007 Barcelos

Para conciliar a vida familiar e a laboral, haberá que cambiar moitas cousas, comenzando polos horarios dos traballos.

A2b2 #3 10/Abril/2007 A2b2

Está claro que a quen vai perxudicar é aos profesores, porque deste xeito perden moitas horas libres.

semoncho #4 11/Abril/2007 semoncho

Defende a CIG o ensino privado?. Senom, porque teima em o favorecer?

Barcelos #5 11/Abril/2007 Barcelos

Eu coido que a CIG defende a seu colectivo e dentro deste colectivo están os traballadores do ensino privado, que tamén teñen dereito a existir.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: