Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Lusofonía

Xestionado por Vieiros
RSS de Lusofonía
Jerónimo de Sousa insta a respectar a Constitución

O líder do PCP critica o silencio das autoridades ante unha manifestación da extrema dereita

Juventude Nacionalista convoca o sábado un encontro europeo de formacións ultra, a catro días do aniversario da Revolução.

Redacción - 09:46 16/04/2007
De Sousa, nun cartel electoral

De Sousa, nun cartel electoral

O secretario xeral do Partido Comunista Portugués (PCP), Jerónimo de Sousa, criticou o feito de que nin o goberno luso nin o presidente da República fixesen declaracións sobre a manifestación de extrema dereita convocada o vindeiro sábado en Lisboa. De Sousa afirmou que o seu silencio demostra permisividade, algo que considera inaceptábel nun réxime democrático.

O líder do PCP fixo un chamamento aos poderes públicos a respectaren a Constitución Portuguesa, que prohibe as organizacións de ideoloxía fascista. A catro días do 33º aniversario da Revolução dos Cravos, Juventude Nacionalista, ligada ao Partido Nacional Renovador, convocou un encontro de entidades de extrema dereita de Europa. Para de Sousa, a reunión é unha provocación ao 25 de abril, aos demócratas e ao pobo portugués.


4.4/5 (15 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: