Os rapaces que participaron no programa de abstinencia do Goberno EUA teñen relacións sexuais tan a miúdo como os que non atenderon as mensaxes en favor da castidade.
Miles de anuncios na televisión, carteis nas escolas e programas de educación por un valor total de mil millóns de dólares. Estas eran as bazas do plan da administración Bush para promover a abstinencia sexual entre os adolescentes americanos. Un obxectivo que fracasou, segundo revela un estudo encargado polo Congreso dos Estados Unidos.
A enquisa entre máis de dous mil mozos mostra que os rapaces que participaron no plan foden cos seus compañeiros tan a miúdo como os que recibiron a educación sexual habitual. O plan da administración apostaba pola abstinencia no lugar de informar aos mozos dos métodos anticonceptivos.
Para avaliar os resultados os investigadores entrevistaron a mozos de 16 anos. Nos dous grupos -os que participaron no programa e os que non- a proporción dos que tiveran sexo no último ano era a mesma: un 23 por cento. É máis, un cuarto dos entrevistados deitárase con tres ou máis compañeiros, segundo indica a cabeceira inglesa The Guardian.
Un 20% a pelo
Máis do 20% do total de mozos recoñeceu ter mantido relacións sexuais sen preservativo, aínda que a porcentaxe que nunca usara o condón era só do 4%.
O programa gobernamental dos EE. UU. defende que a abstinencia é o mellor xeito de evitar abortos e enfermidades sexuais. Nos últimos anos, o orzamento a favor destes programas disparouse de dez millóns de dólares ao ano ata máis de 170, di a BBC.
Bush fode demasiado!. Está fodendo a todo o mundo.
Parece mentira que Bush non recomendara aos xóvenes que se "cortaran a picha", porque deste xeito xa non foderían máis. (jejeje...)
Tamén é mala sorte que o asasino de Virginia sexa surcoreano. Bush aproveitará para invadir Corea do Norte, por iso da proximidade.
Este Bush sempre fodendo.
Bush véndeche as armas e logo atácache porque sabe que tes armas de destrución masiva. As que che vendeu el.
Este Bush sempre fodendo.
non será esto certo. digo o do plan de absterse. por moi mal que anden os políticos aquí e nos usa, gastar diñeiro dos contribuíntes en tamaña chorrada paréceme, xa non de xulgado, se non de guillotina inmediata. era boa...