Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CEIVAR ESIXE A SÚA POSTA EN LIBERDADE

A Audiencia Nacional procesará a dous independentistas por "estragos de carácter terrorista"

A Audiencia Nacional comunicoulles a Ugio Caamanho e Giana Rodrigues este martes o auto de procesamento.

Europa Press - 19:47 17/04/2007

O xuíz da Audiencia Nacional Fernando Andreu comunicou este martes o procesamento por delitos de "estragos de carácter terrorista" a Ugío Caamanho Santiso e Xiana Rodrígues pola súa presunta participación o 23 de xullo de 2005 na colocación dun artefacto explosivo nun caixeiro da sucursal de Caixa Galicia da Praza de Galicia, en Santiago de Compostela, segundo informaron fontes xurídicas a Europa Press.

Os independentistas galegos foron trasladados esta mañá dende prisión a esta sede xudicial para comparecer ante o titular do Xulgado Central de Instrución número 4, quen lles notificou o seu procesamento polos delitos de "estragos de carácter terrorista", falsificación de documentos e roubo de vehículo a motor, unha vez concluída a instrución da causa.

Tres quilos de explosivo
Caamanho e Rodrígues foron detidos o 23 de xullo de 2005 despois de colocar un pota con tres quilos de explosivo na sede central de Caixa Galicia. O xuíz da Audiencia Nacional Ismael Moreno decretou o seu ingreso en prisión o día 26 dese mesmo mes.

Durante a súa declaración ante o xuíz Moreno, Caamanho manifestou que alertara da colocación do explosivo os axentes que o detiveron, pero indicou que non houbo tempo para proceder á súa desactivación. Pola súa banda, Rodrígues negou os feitos dos que está acusado.

Posta en liberdade

Por outra banda, o colectivo antirepresivo Ceivar reclamou a posta en liberdade sen cargos de Caamanho e Rodrígues e criticou que leven xa dous anos en prisión preventiva. O voceiro desta asociación, Xoan Pérez, tamén denunciou en declaracións a Europa Press, a dispersión á que están sometidos e pediu que sexan trasladados a cárceres galegos. "Estase a vulnerar un dereito constitucional", subliñou.

Actualmente, Ugio Camaanho cumpre prisión no Puerto de Santa María (Cádiz) e Xiana Rodrígues en Brieva (Ávila). Porén, a pasada fin de semana ambos os dous foron trasladados a Madrid para asistir á Audiencia Nacional; o primeiro a Valdemoro e a segunda a Soto del Real.

Sobre a vista que tivo lugar este martes sinalou que se trata dun "trámite técnico" de presentación de cargos e puntualizou que os dous independentistas rexeitaron o auto de procesamento que pesa sobre eles.


*Nota aclaratoria
: Na primeira redacción desta noticia de axencias sinalábase que fontes xurídicas "indicaron que non están acusados de pertenza a banda armada, posto que non hai datos abondo que acrediten a súa posíbel integración na organización independentista galega Assembleia da Mocidade Independentista". Vieiros opta por suprimir o parágrafo para evitar calquera tipo de malentendido.


3.67/5 (12 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: