Trinta persoas levarán por relevos unha bandeira branca polas rúas da capital arousá.
Logotipo da fundación
Unha bandeira branca simbolizará a loita da sociedade galega contra as drogas e o narcotráfico. Trinta persoas representarán todo o país nunha marcha que vai ter lugar o 4 de maio en Vilagarcía de Arousa. O acto abrirá a segunda edición da campaña Panos brancos contra a droga, convocada pola Fundación Galega contra o Narcotráfico.
Do 4 ao 11 de maio, colectivos sociais, entidades e institucións desenvolverán unha serie de actividades para amosar o seu rexeitamento ao narcotráfico. O mediodía da primeira xornada abriranse os actos na Praza de Galicia, cunha concentración mentres repenican as campás das igrexas e soan as sirenas dos barcos.
Logo lerase o manifesto da campaña e comezará a marcha polas principais rúas da vila arousá. Os abandeirados levarán por relevos o pano branco contra a droga. A fundación convocante fixo un chamamento a toda a sociedade arousá e galega para que exhiba bandeiras ou panos brancos durante esa xornada como mostra da súa repulsa contra o narcotráfico.
A verdade e que resulta-me un pouco paradóxico, cando naõ cómico, que se falha semeiante manifestación nesta localidade.
Pero por outra banda, pensandoo en frio, naõ hai outro lugar millor para facelo que naõ fora iste.
Pois eu penso que ou non comprendin ben ou alguen esta me mexar por riba.
Que e iso de marchas con bandeirolas a relevos?
Novamente miramos como as mafias que viven do narcotrafico: Os que venden a droga, e o entramado que aparentemente vive de loitar contra ela montan un circo para sair na tv.
Desexo que sea aprovada a sua venda publica, unico meio para rematar coa financiacion que supon para as mafias. Pero as mafias sempre chegaron a acordos cos partidos politicos (especialmente o Partido da Peste, o creador da industria galega do narcotrafico) para seghir co chiringhito da farsa das "inversions" para a "loita" contra a drogha.
Todo e unha farsa e quen colabora con ese circo e un complice
Que é iso da venda pública? Non che da vergonza? O reparto gratuito carallo, que eso fode máis.