Evencio Ferrero asegura que os populares xa aceptaran outras probas co mesmo requisito.
Evencio Ferrero
O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, anunciou que recorrerá o auto de suspensión do concurso-oposición a asesor urbanístico que decretou un xulgado da Coruña. O proceso fora denunciado polo Partido Popular, que consideraba discriminatorio o feito de que a proba de galego fose eliminatoria.
Ferrero lembrou que o Partido Popular xa aceptara o mesmo requisito en dous procesos selectivos anteriores. Segundo o rexedor carballés, na actualidade están a traballar no concello dúas funcionarias seleccionadas en probas nas que o coñecemento da lingua era eliminatorio. Neses dous casos, o PP formara parte do tribunal e non fixera ningunha reclamación.
Ademais, o alcalde reiterou que a selección de asesor urbanístico xa fora suspendida cautelarmente polo executivo local ao coñecer a denuncia do grupo da oposición, e antes de se coñecer o auto do xulgado do Contencioso-administrativo número 1 da Coruña. En todo caso, Ferrero dixo: “Terá que ser o xulgado o que diga e resolva dun xeito ou doutro”.
A non discriminación (art. 14 CE) por mor de lingua no Estado español significa que nos territorios españois propios de linguas distintas da castelá, estas han de poder ser usadas como se pode usar o castelán no territorio español onde el é lingua propia.
Para garantir ese dereito por parte dos poderes públicos declárase a oficialidade desas linguas. Oficialidade que implica por parte dos servidores públicos (autoridades, axentes da autoridade, funcionarios, laborais, persoal estatutario, persoal de concesionarias, persoal autónomo e de profesións liberais que desempeñe funcións públicas, etc. etc.)a obriga de saberen usar e usaren a ou as linguas oficiais a que teñan dereito de uso (art. 27 PIDCP)as persoas físicas ou naturais interlocutoras deles.
A esixencia de saber usar, e usar cando corresponda, a lingua española oficial propia do territorio é correlativa ó recoñecemento do dereito das persoas físicas a usaren esa lingua nese territorio.
En situacións de cooficialidade (oficialidade de dúas ou máis linguas) ou os servidores públicos saben usar, e usan cando toca, todos e cada un deles todas as linguas oficiais ou, caso de seren moitas, ten que haber servidores distintos para usaren distintas linguas ou grupos delas.
O que non existe é o dereito a violar os dereitos alleos en base á ignorancia ou ineptitude propias.
Eu non sei se estou dacordo contigo ou non?? Non entendo o que queres dicir. De tódolos xeitos pareceme indispensable o coñecemento do galego para traballar aki, igual que hai que saber castelán.
Sim, mas não. A língua galega não se pode usar ("defeito" da lei espanhola) de maneira igual à castelhana em território galego (damos por suposto que em território castelhano também não?).
E por que? Porque os cidadãos galegos só têm obriga com UMA LÍNGUA (a castelhana). Portanto podem-se declarar desconhecedores da outra (a própria, a galega) sem por isso faltarem à lei (espanhola).
Esta claro que temos o que nos merecemos, estivemos votando durante 16 anos unha maoiria absoluta a uns sinvergonzas que non cren nos dereitos propios dos galegos, polo tanto eso demostra que a maioria deste noso país non son merecentes de chamarse galegos. Mentres en Cataluña incluso os inmigrantes chegan a ter sentimentos catalans, aqui nin os propios galegos os teñen. Por certo onte Rajoy dixo que era galego por ter nado na Galiza, soa a cachondeo despois do que fai e fixo pola defensa do noso país.
1º)Para lunet. Desculpa a espesura do meu comentario; pero, ás veces é complicado meter moito en pouco. Collendo o teu parecer, direiche que o indispensábel, xurídicamente, non é o coñecemento senón o uso, aínda que, loxicamente!, o uso é imposíbel sen o coñecemento. Os servidores públicos (e tal condición podémola acadar calquera en circunstancias excepcionais, v. g. membro dunha mesa electoral) teñen que respectar os dereitos dos servidos, dos receptores dos servizos públicos, por iso, por seren servidores públicos carecen de dereitos lingüísticos, tendo só obrigas lingüísticas: se tiveran dereitos o conflito non tería solución porque o dereito ó uso dunha lingua componse das faculdades de usala tanto activa coma pasivamente (emitir, falando e escribindo, e recibir, oíndo e lendo, información lingüisticamente codificada, respectivamente), nin con tradutores! (que é un uso anormal ou excepcional das linguas). Daquela, para ocupar un posto de servidor público hai que saber usar e usar a lingua ou linguas que sexa necesario para respectar o dereito do interlocutor. Por outra banda, para "traballar aquí" non é necesario saber as linguas aquí oficiais; pois, estarás comigo en que os xordomudos tamén teñen dereito a "traballar aquí", aínda que sexa como servidores públicos de xordomudos! Por outra banda, o castelán funciona fóra do seu territorio propio como lingua común, de integración ou universal no pequeno universo lingüístico das linguas españolas. O seu uso na Galiza só está xustificado para non discriminar a quen por falta de arraigo aínda descoñeza a lingua propia do territorio: coñecer as dúas oficiais si, pero usalas por igual non! Saúdos.
2º Para OBSERVADOR. Xuridicamente, os españois membros da Comunidade Lingüística Galega (CLG) teñen, temos, o mesmo dereito a usaren, usarmos, a lingua propia do territorio no seu territorio propio (enténdese?) que teñen os españois membros da Comunidade Lingüística Castelá (CLC) no territorio español onde o castelán é lingua propia (art. 14 CE). Outra cousa é a interpretación do ordenamento xurídico que lles interesa ós exterminadores, conscientes ou non, de linguas españolas distintas da castelá.
O primeiro acto de galegoexterminio que levaron a cabo foi equiparar lingua propia a lingua allea coa desculpa de que ambas son "igualmente" oficiais. A oficialidade da propia é para respectar o dereito ó seu uso dos que a coñecen, e a oficialidade da allea é para non discriminar por mor de lingua, por non coñecer a lingua propia do territorio de acollida, dos que entran en comunicación cos que si a coñecen e usan. Neste caso o dereito de uso da propia suspéndese mentres que o acollido non aprende a propia e hai obriga de usar a allea. Esa é a razón que xustifica a obriga de coñecer o castelán por parte de todos, obriga que se denomina "oficialidade" no caso dos servidores públicos.
O dereito ó uso da lingua propia non se deriva, daquela, da súa oficialidade, senón que é un dereito humano (art. 27 PIDCP). E, os dereitos fundamentais (v.g. art. 14) da CE deben ser entendidos en consonancia cos DDHH. QUE NON NOS ACOVARDEN OS CASTELANISTAS GALEGOEXTERMINADORES! Saúdos.
3º Para Roquinho. Coido que sofrimos moitos moitas veces ese sentimento de desacougo polas escollas electorais do noso pobo, mais, tamén entendo que é inxusto expresalo desa maneira. Se amamos o noso e os nosos temos que esforzarnos en comprendelos e buscar os factores ou causas que os levaron e poden levar no presente e no futuro a escollas electorais que non priorizan o dereito inalienábel ó estudo, uso e mellora da lingua propia. Se conseguimos un pobo sano, culto e con recursos eu confío en chegar a termos un pobo fachendoso da súa lingua, reconciliado co seu pasado e confiado no seu futuro. QUEDA TRABALLO PERO HAI LUZ. Saúdos.
Para Lois de Silan, sim mas não. Desculpa, não podemos verificar os mesmos direitos porque não temos as mesmas obrigas. Não é obrigatório o conhecimento da língua galega (por muito oficial que seja, que o é, A LÍNGUA, não a ortografia com que se escreve, olho), se não é obrigatório o seu conhecimento COMO RAIO SE VAI VERIFICAR O DIREITO A SERMOS ATENDIDOS NA NOSSA LÍNGUA????
Sem obriga de conhecê-la, não há direito que valer. Portanto, não podemos fazer valer os nossos direitos como galegofalantes. Portanto, não estamos nas mesmas condições.
2º bis, para OBSERVADOR. Non confundas o Dereito coa súa violación, o estatus xurídico coa realidade fáctica, e non asumas como válidos os argumentos falsos dos inimigos da túa ligua.
A propia CE alude á igualdade de dereitos e de obrigas para todos os españois con independencia do lugar de residencia. O art. 27 do PIDCP recoñece o dereito ó uso da lingua propia. Non te quedes coa forma e entra no contido dos dereitos.
O problema non che está no Dereito, senón en quen o aplica: unha morea de herdeiros culturais do réxime anterior que, de facto, o prolongan aínda.
Outra cousa é que a regulación, as normas escritas relativas ós dereitos lingüísticos puidesen estar formalmente redixidas con máis clareza e didactismo, pero os lexisladores tampouco che teñen que ser pedagogos.
Xuridicamente a relación entre dereito de uso e correlativa obriga de coñecemento polo interlocutor é de accesoriedade; isto é, se existe a obriga de uso dunha lingua, esta é obriga principal que conleva, áinda que non se explicite, como obriga accesoria ou secundaria a do coñecemento. Se contratas os servizos do taxista para que te leve, non pode deixar de levarte argumentando que el non ten obriga de pagar o combustíbel para o carro. Daquela, se a oficialidade é obriga de uso, o coñecemento é obriga accesoria da de uso. E lembra que a obriga de uso é correlato do dereito de uso.
Saúdos.
Seica o pobo galego e un pobo miserable que consecuentemente ten gobernantes miserables
CONSTITUCIÓN ESPAÑOLA
Artículo 3
1. El castellano es la lengua española oficial del Estado. Todos los españoles tienen el deber de conocerla y el derecho a usarla.
2. LAS DEMÁS LENGUAS ESPAÑOLAS serán también oficiales en las respectivas Comunidades Autónomas de acuerdo con sus Estatutos.
3. La riqueza de las distintas modalidades lingüísticas de España es un patrimonio cultural que será objeto de especial respeto y protección.
Para além do paternalismo que mascara um extermínio premeditado, diga-me, Lois, como devo entender a diferença entre "lengua española" e "las demás lenguas españolas". Obrigado.
Você diz, se entendi bem, que o facto de não explicitar EM NENHURES a obriga de conhecer a língua galega não impede a obriga (moral, em todo caso, mas não legal) de conhecer a língua caso de ter que empregá-la. O que eu lhe digo é que ao não haver obriga, não se pode alegar que a outra pessoa tem que conhecer a língua. PORQUE PODE NÃO CONHECÊ-LA, JÁ QUE NÃO TEM OBRIGA LEGAL DISSO. Não sei se me explico.
Deixe-se de milongas e convença-se: Em Espanha ninguém tem obriga de conhecer nenhuma língua a não ser o "castellano". Essa sim que é obrigatório conhecê-la(remito-me ao artigo da CE acima exposto), e o resto são gaitas.
Aliás, não existe a obriga "DE USO" de uma língua. Existe só a oficialidade desta, a sua inclusão nalguns (não em todos) documentos oficiais e a obriga atinge só à Administração. O resto dos mortais galegos só temos o direito a usar a língua, não a obriga de usá-la. Ou seja, se queremos a usamos e se não, SANTAS PASCUAS.
Cousa que é lógica: se não temos obriga de conhecê-la, como nos vão obrigar a usá-la?!
Faltava-me isto: se a pessoa (ao não ter obriga) pode alegar desconhecimento, e se isso é legal (como é), então não se pode defender o direito dos galegos a serem atendidos na sua língua. Portanto, não se pode defender o direito porque NÃO HÁ DEVER(=obriga).
Não me negará que isso não é uma situação desigual a respecto dos espanhóis utentes só de castelhano, ou?
E já remato por hoje (agradeço a sua atenção): sendo que na Espanha não há obriga LEGAL (não está explícito em nenhuma lei) de conhecer o Galego, mas sim de conhecer o Castelhano, infiro que a Constitución Española se CONTRADIZ quando diz que existem os mesmos direitos e obrigas para todos os cidadãos espanhóis. Não é certo.
OBSERVADOR! Por que me obrigas a usar o castelán para repasar o artigo 3 da CE? Acaso non sabes que foi sometido ó corpo electoral tamén en galego e publicado no BOE (co resto do texto da CE) tamén en galego en aplicación da súa disposición derradeira? Cal é a mensaxe que queres transmitir ó facer tal?
Non me gusta dar clases de iuslingüística; pero, si che podo dicir como podes entender a diferenza entre "lingua española" referido ó castelán e "demais linguas españolas" referido ó galego, catalán, éuscaro, etc. (espero que non me preguntes polo "etc"!). Imaxina que tes que solucionar o problema da desaparición das linguas do planeta e mais garantir a comunicación entre todos os membros da humanidade gastando o menos posíbel...eu propoñoche que establezas o "bilingüísmo necesario": que todos aprendan as súas linguas propias territoriais (ou comunitarias se a comunidade lingüística non ten territorio), e despois, desde elas, unha lingua universal ou común acordada entre as lexítimas representacións das distintas comunidades lingüísticas do planeta (esperanto, inglés, galego....), e os custos dese bilingüísmo (que non impide aprender máis linguas) a cargo do todos os membros de todas as comunidades lingüísticas do planeta en progresividade da súas rendas totais...terías a lingua propia e máis a común ou universal.
O constituínte español do 78, reducíu o universo lingüístico planeta a España e estableceu a lingua común escollendo a máis económica, deixando para o futuro a concreción da totalidade das outras linguas españolas (do planeta), encomendando ós estatuíntes (lexítimos representantes das outras comunidades lingüísticas) a tarea de decidir se son ou non linguas, pero obrigándoos a establecelas como oficiais se as recoñecen como linguas. Todas son linguas do planeta (España); pero, aínda non sabemos se son 6000 ou 3000, de algunhas temos noticia (galego, catalán, éuscaro, valenciano?, a CE publicouse en valenciano?!). TODAS SON ESPAÑOLAS, TODAS SON PROPIAS NOS SEUS TERRITORIOS, UNHA DELAS ESTABLÉCESE COMO UNIVERSAL no pequeno universo lingüístico de España....as outras cuestións outro día. Saúdos.
Lois, poderei chamá-lo assim? já quase somos amigos, hehe. Observo, Lois, que nada diz você sobre a impossibilidade de defender o direito ao uso da língua galega na Galiza espanhola visto que a gente não tem a obriga de conhecer essa língua espanhola.
Deixa-me orientar-te a respecto de "las demás lenguas españolas": As línguas que engloba o território de Espanha são espanholas todas, o castelhano também, mas como Espanha é uma e una (não várias nem diversas) o resto de línguas, ainda que não sejam a castelhana ÚNICA DE CONHECIMENTO OBRIGADO PARA TODOS, podem ficar eivadas de alguns direitos como o que estamos a tratar.
Não, não há os mesmos direitos para todos se os deveres não são os mesmos. E se há uma língua (a castelhana) com mais deveres que outras ("las demás") então a desigualdade está servida.
Por que não é obrigatório para os espanhóis o conhecimento DE TODAS AS LÍNGUAS ESPANHOLAS? Não somos todos espanhóis?
Ah, e sobre o de colocar o Documento em castelhano, direi-te que é porque gosto de ler as cousas na sua versão original.
OBSERVADOR!...coido que escribes moito e pensas menos...Non hai obriga de uso pq non a hai de coñecemento..seguindo o teu razoar engado eu... non hai obriga de coñecemento pq non a hai de ter aptitudes para coñecer. Como non hai obriga de ter aptitudes para coñecer (intelixencia, saúde anatomofuncional para a audición e fonación...)tampouco pode haber obriga de coñecer...como non hai obriga de coñecer tampouco a hai de coñecer o castelán...ou trabúcome?
CERTAMENTE, en rigor xurídico non hai obriga de coñecer o castelán..e, daquela, tampouco de coñecer o galego ou as "outras linguas de España". Tecnicamente, xuridicamente existe a carga de coñecer o castelán e mais as outras linguas de España. A carga consiste en que se non acreditas un coñecemento do castelán ou do galego non te gradúas, non che dan o certificado de coñecementos para optar vg. a un posto de servidor público. A carga consiste en que non che van por tradutor gratis para comunicarte cos servidores públicos nin cos particulares...vas ter que pagalo ti.
O ordenamento non é tan técnico e en vez de falar de carga fala de obriga; pero, ó falar de obriga refírese tanto ó castelán coma ó galego NO TERRITORIO DO GALEGO. A STC 337/94, fx 14 di "é indubidábel, daquela, o deber de coñecer a lingua catalana (=galega=éuscara=outra española)...en Cataluña".
OBSERVADOR!...que esteñas obrigado a tributar polas túas rendas do traballo ou doutro tipo non significa que esteñas obrigado a traballar e ter rendas; pero, se as tés quedas obrigado a tributar. Verbo do galego ou do castelán tampouco estás, como vimos, obrigado a coñecelos; pero, se os coñeces estás obrigado a usalos, cada un cando toque.
Aínda que che pareza outra cousa, o dereito ó uso dunha lingua significa dereito a ter interlocutores nela, isto é, significa que hai alguén obrigado a usala na comunicación co que teña o dereito de uso. O dereito, ter dereito significa ter poder sobre alguén, poder para que adopte unha conduta ou para que pague un equivalente por non adoptala.
O da igualdade de dereitos e obrigas refírese a cada punto do territorio...na Galiza todos temos a obriga de coñecer a lingua territorial e mais a común (universal no universo cativo das linguas españolas), en Cataluña tamén, a territorial e a común,....en "Castela" a territorial coincide coa común...na Galiza temos obriga de usar a territorial con quen a coñeza e a común con quen descoñecendo a territorial coñeza a común, en Cataluña igual...en "Castela" a territorial con quen a coñeza e a común coincide coa territorial.
Evidentemente que os casteláns teñen menor carga lingüística (unha lingua) que os españois das outras linguas (dúas linguas); pero, eu non propoño nin cargarnos a todos con TODAS AS ESPAÑOLAS (nin me odio tanto a min nin ós meus nin ós teus nin ós dos outros!), nin tan siquera que os casteláns carguen tamén con algunha outra das españolas (a máis próxima xeograficamente?)... eu propoño substituir o castelán por outra lingua (esperanto, inglés,...) con maior proxección e funcionalidade interlingüística no seu papel de lingua común (ou universal no cativo universo das linguas españolas), eu propoño buscar un acordo entre as distintas comunidades lingüísticas do mundo para adoptar unha lingua común ou universal, propoño un "bilingüísmo necesario" como xa sabes.
E remato, con un comentario sobre o teu "gusto polo orixinal". Hai pouco preguntábaseme se por usar o castelán na Galiza se era menos galego, e contestei que non, que o que se era é galegoexterminador, ó restar usuarios ou interlocutores en galego. Xa sei que o uso que fixeches do castelán para o artigo 3 CE foi iocandi causa, pero tamén é certo que para non usar o galego cando se debe á xente é moi creativa buscando desculpas. Saúdos.
Amigo Lois:
«Non hai obriga de uso pq non a hai de coñecemento..seguindo o teu razoar engado eu... non hai obriga de coñecemento pq non a hai de ter aptitudes para coñecer.»
Oi, Lois, o teu raciocínio não é lógico, repara: que têm a ver as aptitudes com a obriga de usar uma língua? Um pode ser muito listo e conhecer a língua galega e NÃO USÁ-LA NUNCA. Não tem obriga disso.
«CERTAMENTE, en rigor xurídico non hai obriga de coñecer o castelán..e, daquela, tampouco de coñecer o galego ou as "outras linguas de España".»
Oi, meu Lois, então onde fica a Constitución Española? Não é uma lei? Não indica bem explícito o DEVER dos espanhóis de conhecer o castelhano? Como dizes que não há obriga jurídica? Sinto-o, mas não percebo.
«Verbo do galego ou do castelán tampouco estás, como vimos, obrigado a coñecelos; pero, se os coñeces estás obrigado a usalos, cada un cando toque.»
Não, não, desculpa. NÃO HÁ OBRIGA DE USAR O GALEGO PORQUE NÃO HÁ DEVER DE CONHECÊ-LO. Daí o que acontece no Concelho de Carvalho. Um pepeiro pode negar-se a fazer um exame eliminatório de galego AMPARANDO-SE NA CONSTITUIÇÃO ESPANHOLA. O julgado da Corunha que decretou a suspensão do concurso-oposição em Carvalho assim o dictaminou. Não é?
Pessoalmente acho que SE HÁ VÁRIAS LÍNGUAS ESPANHOLAS, os espanhóis DEVEMOS TER O DEVER DE CONHECÊ-LAS TODAS PARA PODER ENTENDERMO-NOS. Se não, não nos entendemos. Ou, no caso real, SÓ NOS ENTENDEMOS COM UMA: AQUELA QUE É DE OBRIGADO CONHECIMENTO PARA TODOS.
Curioso, não? E não será que as línguas que não são de obrigado conhecimento são línguas NÃO-MUITO-ESPANHOLAS?
OBSERVADOR...tén o recén nado, despois de ter 24 horas fóra do seo materno, obriga de coñecer o castelán segundo a CE? Tén o cegoxordomudo esa obriga? Serán relevantes as aptitudes para coñecer á hora de impor a obriga de coñecer o castelán?
OBSERVADOR..., sen prexuízo da nosa análise, o contido da CE establéceo o TC, por establecelo así a propia CE; e o TC dixo que existe a obriga de coñecer as linguas oficiais nos ses respectivos territorios propios (e son oficiais, ou teñen que selo, as que recoñezan como linguas españolas os estatuíntes). Polo que verbo deste punto hasme desculpar pero non lle vou dar máis voltas, sobre todo porque os teus criterios, amais de falaces, en nada lle aproveitan á lingua galega.
Respecto do que acontece no concello de Carballo... unha suspensión é iso, unha suspensión, que en absoluto prexulga a decisión final nin do xulgado do C-Advo nin de istancias superiores ás que podan recorrer as partes. Descoñezo as miudezas do caso pero, polo que coñezo, o resultado pode ser favorábel á obriga de coñecer o galego para desempeñar un cargo público na Galiza. Saúdos.
«o TC dixo que existe a obriga de coñecer as linguas oficiais nos ses respectivos territorios propios»
Quando "disse" isso e em que contexto? Não me consta. Gostaria de saber onde é que isso foi "dito". Obrigado.
Lois, repare numa cousa: Espanha não vai fazer nada pela consolidação do Galego na Galiza. A minha (não é minha) análise põe de relevo precisamente isso. Não concordo com essa situação, mas a situação há que vê-la e não cegar-se a ela. Tal como está hoje a CE fica uma grande CONTRADICÇÃO: Não se pode defender aquilo que não há obriga de conhecer. Isso do TC que dizes tem que ser referido a outra cousa (por exemplo, a Administração tem a obriga de usar o galego em documentos oficiais na Comunidade Autónoma de Galicia, mas um galego do comum pode delarar-se desconhecedor da língua e exigir uma tradução do documento administrativo a castelhano porque isso está DENTRO DA LEI).
A lei espaÑola, caro Lois, não favorece aos galegos.
E que fazermos? Alguma ideia?
Repara:
Um cidadão galego pode alegar desconhecimento da língua galega e por isso pedir uma tradução ao castelhano do documento oficial redigido em galego.
E um outro cidadão galego do comum NÃO PODE ALEGAR DESCONHECIMENTO DA LÍNGUA CASTELHANA e por isso pedir uma tradução ao galego do documento oficial redigido em castelhano.
São simétricas as duas situações? Se o primeiro pode alegar desconhecimento de galego é PORQUE NÃO TEM OBRIGA (DEVER) DE CONHECÊ-LO.
OBSERVADOR...és ti moi español, primeiro falas (escribes) e despois é cando te informas acerca do falado (se é que chegas a informarte claro!).
REPÍTOCHO... e digo repíto porque xa cho dixen máis arriba.."A STC 337/94, fx 14 di: ", e dío no contexto do ensino, que é onde corresponde dicilo. E esa obriga, xa cho expliquei, é unha carga que non se lles impón ós cegoxordomudos nin ós infantes, ós que por madureza neurobiolóxica aínda non poden falar (recén nados vg.), por moito que a CE diga, que o di!, que todos os españois teñen a obriga de coñecer o castelán.
Por outra banda, non sei se reparaches no feito de que aínda que constitucionalmente se impón o deber (xa sabemos que é carga!) de coñecer o castelán, por ningures impón, nin a CE nin o resto do ordenamento español escrito, obriga ou DEBER DE USALO. Mais, malia esa situación, a obriga de coñecemento (e isto é Dereito, non lei, non norma escrita!) conleva, eventualmente, cando toque, obriga xurídica de USALO!
Non se trasladou todo o escrito! repito a información de xeito compatíbel co programa informático de Vieiros: A STC 337/94, fx 14 di:"é indubidábel, daquela, o deber de coñecer a lingua catalana (galega=éuscara=outra española)... en Cataluña".
Sigo e remato. As obrigas de coñecer as linguas oficiais fan presupoñer o seu coñecemento; mais, esta presunción é iuris tantum, isto é, admite proba en contra. Daquela, se un galego en "Castela" descoñece o castelán e o proba, non tén obriga de usalo e tén dereito a que se lle traduza ó galego o expresado en castelán para, por exemplo, evitar a súa indefensión nun xuízo. Na Galiza ese galego que non sabe castelán non pode acceder a postos de servizo público nos que tamén teña que atender en castelán, pero mantén o seu dereito ó traballo, aínda que non teña titulación académica. Calquera galego na Galiza que saiba castelán, tén dereito a que se lle notifique, informe atenda en galego por parte dos servidores públicos por suposto, pero tamén por parte dos particulares que coñezan o galego. E isto porque o dereito a usar o galego comprende a faculdade de usalo activa e pasivamente (expresarse e informarse) e a correlativa obriga do interlocutor que o coñeza (e esta é obriga, non carga, protexida polo art. 542 do Código Penal) a usalo con el. E, quen coñeza o galego non pode pedir tradución ó castelán do feito en galego na Gaiza, sería un actuar contrario á boa fe. OUTRA COUSA é que teñamos xulgadores sen coñecementos iuslingüísticos! Como temos políticos! E AVOGADOS!!!
Que facemos...ideas?...Ti podes empezar por estudar a STC 337/94 e as do propio TC que nela cita; pero, en vez de partires da cooficialidade, parte do contido do art. 14 CE e 27 PIDCP...e procura ter en conta tamén o que deixo dito neste foro. Ten en conta tamén que, polo de agora, os galegos tamén son españois desa España que, segundo ti, nada vai facer polo galego na Galiza, e que van ser os únicos cos que contes. Saúdos.