Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Proxecto de Irmanamento

Galiza asesorará a Romanía en materia de medio ambiente

Unha proposta galega foi seleccionada polo goberno romanés e a Comisión Europea para o desenvolvemento dun proxecto piloto na zona de Bacau.

Redacción - 13:01 21/04/2007
A cidade romanesa de Bacau

A cidade romanesa de Bacau

Galiza, a través da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostíbel, asesorará o goberno romanés en materia de xestión medio ambiental. Enmarcada nun proxecto de Irmanamento (Twinning), a proposta galega foi seleccionada en detrimento da belga, grega e italiana para o levar a cabo esta iniciativa gobernamental que ten como obxectivo axudar os Estados candidatos ou novos Estados Membros da Unión Europea no desenvolvemento das súas administracións.

O principal obxectivo deste proxecto é prestarlle apoio ás Axencias de Protección ambiental rexionais (REPA) e Locais (LEPA) e á Axencia de Medio Ambiente Nacional (NEPA), centrando na área de Bacau as actividades técnicas relacionadas co sector ambiental.

A iniciativa está dotada con un millón de euros, será financiado pola Unión Europea e terá unha duración de 18 meses. Liderará o proxecto Xosé Álvarez Díaz, Presidente da Sociedade Galega do Medio Ambiente (SOGAMA), quen asumirá a responsabilidade da execución e coordinación do proxecto.


3/5 (2 votos)


Comentarios (4)

OBSERVADOR #1 22/Abril/2007 OBSERVADOR
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

"Romanía"??? Assessorados por SOGAMA???

Anda, anda... Já que vão converter a Romênia numas novas Encrovas bem podiam, pelo menos, saber escrever o nome do país...

http://www.youtube.com/watch?v=4uEwMeiFeh4

Sara_Mago #2 22/Abril/2007 Sara_Mago
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Minhas joias, que os deuses os colham confessados ;-)

Barcelos #3 23/Abril/2007 Barcelos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

¡Conde Drácula!: os cadáveres tíraos no "contenedor" de produtos orgánicos.

chou #4 24/Abril/2007 chou
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Arre demo!
Non sabía eu que polo leste había xente tan parviña...
Van recibir cursiños de esnaquizamento rápido da natureza ou que?

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: