O BNG solicita a comparecencia do presidente de Adif no Congreso para informar das causas do sinistro, e coñecer en que estado está o proceso de supresión destes pasos.
As reaccións provocadas tras o accidente ferroviario que se produciu esta terza no paso a nivel de Valga foron case inmediatas. Dende as filas do Bloque Nacionalista Galego (BNG) no Congreso dos Deputados de Madrid xa se solicitou a comparecencia do presidente do Adif, para que informe das causas do sinistro no que morreron tres traballadores da construción, logo de que o coche no que viaxaban fose arroiado polo tren que cubría a liña Vigo-A Coruña.
Ademais, o goberno español recibirá unha pregunta por escrito onde o grupo nacionalista lle cuestiona sobre se vai abrir unha investigación "para esclarecer os motivos de tan tráxico suceso".
Proceso de eliminación de pasos a nivel
O BNG en Madrid quere saber tamén polo grao de seguridade deste sistema automático con barreiras, e que previsións se manexan respecto á supresión deste paso a nivel.
Ademais, esíxenlle ao alto responsábel do Adif que explique en que estado está o proceso de supresión deste tipo de pasos no territorio galego e o seu calendario de eliminación, detallado por lugares.
Reaccións do PP
Por outra banda, o deputado do Partido Popular en Madrid Celso Valga tamén solicitou a comparecencia da ministra española de Fomento, nos mesmos termos.
Arrolar v. tr. (1) Cantar a rola. (2) Mexer a criança no berce ou rolo. (3) Adormecer a criança com arrolos. (4) Enamorar uma pessoa a outra com palavras doces. (5) Formar rolos. (6) Subir a uma árvore e abaneá-la. (7) Esfregar o linho contra uma pedra para lhe tirar os canhotos antes de o deluvar. Arrular. v. i. (1) Mover-se uma cousa de um lado para outro sem se mover do sítio. (2) Dar voltas sobre si mesmo, cair dando voltas.
Dicionario Xerais da Lingua (galega, non portuguesa):
Arrolar: (do latín 'rotulare'<'rotulu'=rolo) v. 1. Levar algo a rolos o vento ou a auga. 2. Rodar xirando. 3. Atropelar algo un vehículo (foi arrolado por un tren). 4. Non facer caso das leis ou normas establecidas. 5. Vencer, dominar.
"Para filólogo, eu" (do mítico dito "para maleteiro, eu")
;)
Quando se decalca miseravelmente do castelhano ocorrem estas cousas: arrolar (arrollar); espexismo (espejismo); capela ardente (capilla ardiente); partixa (partija). É o que ocorre nesses dicionários como o "Generales" que nom merecem, de facto, a mínima credibilidade neste tipo de escolhas e acepções.