Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Non ve perigo no proxecto portugués

Pescanova afrouxa no enfrontamento coa Xunta

"Falta espazo físico", queixouse o presidente da empresa este mércores. Con todo, pasou a recoñecer que o plan acuícola responde ás expectativas do sector.

Redacción - 09:00 26/04/2007

"Agora é o momento da acuicultura", subliñou o presidente de Pescanova, Manuel Fernández de Sousa, durante a presentación este mércores das contas de empresa á xunta xeral de accionistas. Sousa destacou que a estratexia da empresa pasa por relanzar a aposta polo sector acuícola, onde ten as maiores expectativas de crecemento.

Nun significativo cambio do discurso oficial da empresa, o seu presidente concedeu diante dos accionistas que o plan para a acuicultura que o executivo galego vén deseñando con estreito contacto coas empresas do sector, abre o camiño para que Galiza consolide o liderado mundial neste eido de negocio. Nesa liña, evitou afondar na rifa á Xunta sobre a planta paralizada en Touriñán, e cinguiu as críticas ao que considerou "falta de espazo" para despregar grandes macroproxectos.

Ao respecto desas macrofactorías piscícolas, o presidente de Pescanova asegurou que o proxecto de Mira, en Portugal, segue adiante e estará en funcionamento en 2008.


5/5 (3 votos)

Comentarios (2)

Dias #1 26/Abril/2007 Dias

Tantas certezas...

rla #2 26/Abril/2007 rla

50% de subvención e unha licenza para unha piscifactoría en terra. Que lle pergunten a un noruegues cantos cartos vale isto

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: