Bogueiros cataláns botaron a andar unha web onde se conta o número de persoas favorábeis á “autodeterminación dos Países Cataláns”.
Captura da web www.estatpropi.cat
Segundo un dos impulsores da iniciativa, Alexis Vizcaíno, trátase de demostrar “que os independentistas non somos catro gatos”. Todo isto a través de www.estatpropi.cat, unha web que amosa en tempo real e sobre un mapa a localización de todas as persoas que votarían ‘si’ nunha consulta popular sobre a autodeterminación de Cataluña.
A páxina presenta nun mapa de ‘Google Earth’ os diferentes territorios que abarcan os Países Cataláns, termino acuñado para designar as zonas onde se fala catalán ou valenciano. A sinatura realizase mediante un formulario que se verifica a través dun correo electrónico de confirmación. Unha vez aceptada a solicitude, a web sitúa unha bandeiriña enriba da localidade do solicitante no mapa.
Aínda que os impulsores recoñecen que a campaña non pode ser fiábel ao cento por cento ante a posibilidade de que unha soa persoa introduza varios nomes, cren que é un bo xeito de amosar a densidade de independentistas tanto dentro como fóra de Cataluña.
Desde que se puxo en marcha o pasado mércores, e até a mañá do venres, foron 446 persoas as que asinaron na web en favor do hipotético ‘si’.
Sempre m'havíen dit que no sempre hi ha equivalents paral·lels entre dues llengües, però és curiós com "persones que volen la independència dels Països Catalans" (que diu a la pàgina de www.estatpropi.cat) es tradueix en gallec com "persoas favorábeis á autodeterminación dos Países Cataláns".
Manipulació? Ignorància? Por?
Pero onde pon iso en galego? estiven a ver a páxina e non hai galego por ningures.
Non sei a que te refires maraghota.
Eu creo que non se trata de votar a prol da autodeterminación. A autodeterminación é a votación mesma. Na autodeterminación precisamente o pobo decide o que quere.
Saúdos.