Vieiros

As linguas suman
Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
MALIA QUE O PEGSI APOSTA POLAS APLICACIÓNS ABERTAS

Microsoft negocia coa Xunta para meter máis programas seus nas aulas

A presidenta de Microsoft argumenta que o uso de software libre nas aulas limita as posibilidades dos alumnos de ter éxito no mercado laboral.

Manuel Vilas - 17:54 30/04/2007
Touriño na xuntanza coa presidenta de Microsoft /Foto:Xunta

Touriño na xuntanza coa presidenta de Microsoft /Foto:Xunta

Fontes de Microsoft aseguraron hoxe a Vieiros que o xigante norteamericano está en negociacións co Goberno Galego para a incorporación de máis ferramentas informáticas desta empresa. Confírmase así o adiantado pola presidenta de Microsoft Ibérica, Rosa María García, nunha entrevista co xornal estremeño Hoy, na que sinalou que “estamos pendentes de chegar a un acordo coa Xunta de Galicia”.

Un voceiro da Presidencia da Xunta indicou que a negociación trata, entre outros puntos, sobre a incorporación de programas informáticos de Microsoft ás aulas do ensino público galego. Isto sucede a pesar que o Plano Estratéxico Galego da Sociedade da Información -un documento aprobado polo Consello da Xunta e elaborado pola Consellería de Innovación- aposta especificamente pola “adopción de estándares abertos por parte da Xunta de Galicia”.

A aparente contradición entre o que indica o PEGSI e as negociacións con Microsoft foi obxecto de críticas na rede social galega Chuza!.

Microsoft contrataca
Nos últimos tempos, Microsoft está intentando contrarrestar ao software libre, que gaña apoios entre as administracións. O PEGSI indica que o software libre -que si traballa con estándares abertos, a diferenza dos programas propietarios de Microsoft- permite “un aforro de custos” e “unha migración gradual, eficiente e evolutiva entre plataformas”. Andalucía e Estremadura son outras das autonomías que, oficialmente, apostan polos programas abertos.

Na entrevista con Hoy, a máxima responsábel de Microsoft na Península advirte que o número de internautas está a decrecer precisamente nas autonomías que invisten en software libre. Tamén argumenta que o seu uso nas aulas restrinxe as posibilidade dos alumnos de integrarse no mercado laboral.

Rosa María García mantivo un encontro co presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, o pasado 18 de abril.


4,2/5 (5 votos)

Comentarios (9)

lunet #1 1/Maio/2007 lunet
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Hai que foderse, prefiren pagarlle a unha empresa americana en lugar de poñer software libre e pagarlle polo mantemento e implantación ós novos informáticos galegos. E logo veñennos coa milonga que eles queren o mellor para o pobo, pero ¿para que pobo?

Birnarem #2 2/Maio/2007 Birnarem
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

O que hai que ver. Cada vez máis os governos tratan de enganarnos, mantendo unha imaxe pública por un lado e actuando realmente en sentido contrario. ¡Non queremos malgastar os nosos cartos con software privativo dunha multinacional con prácticas monopolistas!

lunet #3 2/Maio/2007 lunet
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

A Xunta adxudica 1.452.500 € a Microsoft. Publicado no D.O.G. o luns 3 de Abril. O concepto corresponde ó pago das licencias Microsoft dos anos 2007,2008 e 2009. Con estes cartos anda que non se mudaban tódolos sistemas a GNU/Linux e creabanse postos de traballo para informáticos galegos. Dende logo...PUTO PSdeG¡¡¡

Sara_Mago #4 2/Maio/2007 Sara_Mago
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Tourinho condena os alunos ao analfabetismo informatico em lugar de seguir o exemplo de Rodriguez Ibarra. Tambem priva os alunos do padrom culto da sua lingua, que sim podem estudar os extremenhos (apesar de nom ser a "sua" lingua).

Em resumo, em poucos anos a Galiza peor do que a Extremadura... Pero o importante para os nossos politicos e chegar a algo em Madrid.

iramos #5 2/Maio/2007 iramos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

O principal problema é que os nosos políticos non pensan no futuro e toman as decisión segundo o espazo que cada cousa ten nos medios; han de ver anunciado os "cursiños de como usar Vista" (que non son máis que publicidade de Microsoft) que regalan os xornáis e pensarán, como os máis, que iso do "Vista" ten que ser o non vai máis apelando á importancia de "El País" y de "El Mundo". É vos o mesmo que pasou en Francia; a presenza nos medios, debido en parte ó forte auxe da blogosfera, de Software Libre é tan alta, que ate se está a implantar Kubuntu no Parlamento na procura de esa imaxe de modernidade que tantos votos dá. Por moito plan e moitas promesas, o único que importa, é a imaxe que vai deixar na prensa.


É innegable que se usan productos de Microsoft de forma maioritaria, pero tamén se fuma mito e non por eso se lles obliga ós funcionarios a chupar do Ducados en horas de traballo. Toso se fai segundo se lle poida colar á masa crítica de votantes, esa que da e quita.

Tristemente, a única forma de que o governo aposte con forza en prol do Software Libre e que a xente esté "emocionada" con el, aínda que non sepan o que é realmente nin entendan o modelo de negocio que propón. O de apostar por el a partir de argumentos como o do desenvolvemento deslocalizado que permite a aparición de parques tecnolóxicos e industriais rexionais ou o da posibilidade dunha autosuficiencia informática por parte das institucións públicas non lle interesa a ningún político.

Estaría ben montar unha distribución de linux galega e chamala segundo a moda dos acrónimos recursivos GNER (Galicia Non É Redmond) simplemente polo aquel de face-lo chiste.

casdeiro #6 2/Maio/2007 casdeiro
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

E aínda por riba, Microsoft rise dos galegos negando a nosa historia na súa espalladísima enciclopedia Encarta: http://www.casdeiro.info/res-retica/index.php/archivos/2007/05/02/a-xunta-contrata-cunha-empresa-que-nega-a-historia-de-galiza/

Antes de ver un peso dos galegos, deberían ternos un pouquiño máis de respecto.

Triskel #7 3/Maio/2007 Triskel
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

"A presidenta de Microsoft España argumenta que o uso de software libre nas aulas limita as posibilidades dos alumnos de ter éxito no mercado laboral."

Unha burrada dese calibre só pode saír da boca dun incompetente sen ningún coñecemento de IT e polo tanto sen valor algún.

Esta señora leva anos contando as mesmas mentiras (para eso lle pagan e ben, por certo). Todo o que di é fácilmente rebatible por calquera que teña uns mínimos coñecementos do mundo do software libre. Claro que a inmensa maioría dos políticos non entran nese grupo. O máis triste é que sexan políticos os que toman as decisións sobre temas tam importantes como a formación en novas tecnoloxías. Así temos a moitas escolas facendo de academias (pagadas por todos) de Microsoft.

http://barrapunto.com/article.pl?sid=07/04/27/1141253

http://softwarelibre.uca.es/node/164?PHPSESSID=23acd18bbadb17f87445739fcc60aa91


A continuación unha carta na que un directivo de Microsoft trata de argumentar en contra da implantación de software libre nunha administración pública:

http://proposicion.org.ar/doc/referencias/gnu.pe/carta1.html

E aquí unha magnífica forma de deixar en evidencia e rebatir todas as mentiras anteriores:

http://proposicion.org.ar/doc/gob/VillanuevaNunez-080402.html.es

kurumin #8 4/Maio/2007 kurumin
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

ai Galiza.....sempre a contracorrente. Mas nom todo é culpa do 'Torito', o nosso presi, nom...muitos e muitas profes, mesmo esses e essas q fixeram folga coa CIG tenham boa parte de culpa: há tempo que a Xunta manda computadores com Windows e também Linux instalados (antes o fedora, ultimamente o openSuse)...ainda nom vim nenhum mestre/a usando estes últimos... É mais, se fazemos um inquérito entre o professorado sobre o software e a cultura livre botariamos-nos a chorar...

Sara_Mago #9 4/Maio/2007 Sara_Mago
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

A Microsoft convem-lhe o analfabetismo funcional dos utentes e isso e o que promovem. Compreende-se. Aos programadores de virus, troianos, malware, spyware e demais tambem lhe convem que haja umha mancheia de analfabetos funcionais com direitos de administrador. Tambem se compreende. E umha simbiose perfeita ;-)

Ora, eu penso que a responsabilidade da Xunta nom deveria ser promover o analbabetismo funcional nem nas escolas nem na administracom ... Mas neste pais domado e castrado todo e possivel. Deveriamos mudar o nome da Galiza polo de "Capado & Cia", ainda que imagino que os habitantes da Capadocia nom ficariam contentos...

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: