Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O galego: 365 días ao ano

"Temos lingua propia, queremos vivir nela"

A Mesa pola Normalización convida a asinar o manifesto. Neste mes das Letras en plena carreira electoral, aproveitan para solicitar o compromiso municipal.

Redacción - 14:15 02/05/2007

Máis galego no ensino, máis galego na administración e máis galego nos medios de comunicación. Son os tres eixos fundamentais do manifesto promovido pola Mesa este mes de maio.

Ás portas da aplicación dunha nova norma de galeguización do ensino, subliñan que "o novo decreto consensuado debe ser cumprido integramente no próximo curso escolar". Por outra parte, reclaman que neste 2007 queden postos "sólidos alicerces" para a "plena aplicación do Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega en todos os concellos". En terceiro lugar, reparan na importancia dos medios públicos na loita en favor da lingua.

De xeito concreto propoñen que a TVG avance na galeguización da publicidade, de xeito que a medio prazo poida ser 100% na nosa lingua, e insisten en que se aposte por recuperar a emisora de RNE en galego, Radio 4. Do mesmo xeito, piden que as desconexións de RNE e TVE para Galiza se "equiparen" ás realizadas para Cataluña.

Actividades cara ao Día das Letras
Cara a este 17 de maio, a Mesa organiza diferentes actos nas sete cidades galegas e nas principais vilas e cabeceiras de bisbarra. A intención é chamar ao uso do galego "365 días ao ano e non só nunha data tan cargada de simbolismo ritual por parte das administracións".

As actividades terán lugar durante toda a semana do 17 e serán diferentes en cada vila e cidade, aínda que en todas se vai ler o manifesto redactado polo colectivo. Haberá desde concertos até intercambio de libros.


Ligazóns

4,56/5 (9 votos)


Comentarios (9)

giao #1 2/Maio/2007 giao

Umha grande mobilizaçom a da Mesa, substituindo a manifestaçom e a reivindicaçom na rua por manifestos em Internet... Assi nos vai.

LOIS_DE_SILAN #2 2/Maio/2007 LOIS_DE_SILAN

Pois non! Eu non vou asinar o manifesto da Mesa.
"MÍNIMOS DE COOFICIALIDADE"... A Mesa persigue que se repitan as mensaxes lingüísticas nas dúas linguas oficiais na Galiza...iso é o que entende por mínimos de cooficialidade a Mesa.
Os da Mesa na materia de IUSLINGÜÍSTICA seguen sacando Gzero...mixturan todo...primeiro aluden á condición de lingua propia do galego na Galiza (fóra da Galiza é allea) e logo anulan tal condición e reivindican "os mínimos de cooficialidade", a repetición nas dúas linguas oficiais na Galiza da información lingüísticamente codificada (expresada)nunha delas...Eu non penso repetir: NA GALIZA NA SÚA LINGUA TERRITORIAL COMA EN "CASTELA" NA SÚA, sen prexuízo de usarmos outras linguas, nomeadamente o castelán, con quen lexitimamente descoñeza a propia da Galiza (iso é o que di o ordenamento, e nada de repetir como defenden os da Mesa).
"VIVIR EN GALEGO" está ben; mais, iso significa usarmos NORMALMENTE, habitualmente, xeralmente a lingua propia do territorio, e EXCEPCIONALMENTE outras linguas, nomeadamente o castelán cos españois que descoñezan a lingua española propia da Galiza...e isto non encaixa cos "mínimos de cooficialidade" que defende a Mesa.

LOIS_DE_SILAN #3 2/Maio/2007 LOIS_DE_SILAN

"POLÍTICA LINGÜÍSTICA DECIDIDA"...para valentes os da Mesa...aínda non executaron a sentenza do topónimo da Coruña. A política lingüística xa quedou deseñada no ordenamento xurídico, no chamado bloque de constitucionalidade (CE e EAG), e resumidamente di: NA GALIZA NA SÚA LINGUA TERR.....
"MÁIS GALEGO EN TAL SECTOR... MÁIS GALEGO EN TAL OUTRO". A Mesa ha morrer de éxito...sempre ha ter sectores ós que adicar a súa desnortada actividade.
¡amigos da Mesa! Non se trata de máis ou menos galego aquí ou alí, agora ou despois...trátase do galego que toca segundo o ordenamento: NA GALIZA NA SÚA LINGUA TERRITORIAL COMA EN "CASTELA" NA SÚA, sen prexuízo... (art. 14 CE).

manual #4 2/Maio/2007 manual

Sobre #1: http://www.amesanl.org/maio/2007/actos.htm

De momento, parece que hai dez actos de mobilización na rúa.

OBSERVADOR #5 3/Maio/2007 OBSERVADOR

Lois, desculpe, mas erra. Caro amigo, reflicta: Está muito bem o que diz, oxalá pudesse ser assim, isso é o ideal. Mas a lei espanhola IMPEDE esse ideal.

Por que acha que só se pode dar um 33% do ensino em galego, na Galiza? Há uma lei que o indica assim.

Não vê que o castelhano não pode ser uma língua de uso excepcional quando é a única língua que temos a obriga LEGAL de conhecer os galegos? Para Madri, o castelhano é a língua de Galiza, sendo o "galego" uma das "demás lenguas españolas". Não vê?

Por que acha que não se cumpre a própria lei de "Normalización"? Acaso interessa chegar à situação que descreve você tão admiravelmente? Não interessa, não. Em Galiza, em castelhano. Isso é o que nos dizem as leis espanholas. Os benditos que quiserem utilizar isso do "galego", que sejam cada vez mais uma minoria.

A Mesa sabe isso. E fazem o que querem ou o que podem, cada um nas suas possibilidades e capacidades. Mas não se iludem: Sabem bem que o objectivo político número um na Galiza é acabar com a língua. E os partidos no governo actual não estão a demonstrar o contrário.

lunet #6 3/Maio/2007 lunet

A Mesa fai moi ben¡¡¡ Desta terra, e para min, é a única organización que sabe ó que vai e ten moi clariño o que quere.

manual #7 3/Maio/2007 manual

Eu tamén son das que penso que, se A Mesa non existise, teriamos que inventala.

Máis apoiar a quen fai algo e menos criticar por criticar!

LOIS_DE_SILAN #8 3/Maio/2007 LOIS_DE_SILAN

OBSERVADOR...desculpa; mais, insisto!: LE, CAVILA e logo escribe.
lunet...a Mesa móvese e iso é moi de agradecer...pode aprender dos seus erros; mais, móvese coma pita degolada.
manual...a Mesa haiche que recreala, reinventala...os delincuentes tamén che fan algo e non por iso eu chos vou apoiar.
A todos...saúdos.

Barcelos #9 3/Maio/2007 Barcelos

Por que La Voz de Galicia non ten un xornal diario na rúa en exclusiva en galego e pasa a chamarse A Voz de Galicia?

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: