Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Manifestación en Compostela

A CIG agarda que a folga do ensino sexa maioritaria

Este xoves 3 de maio máis de 14.000 docentes están convocados pola CIG Ensino á folga, co fin de recuperaren a xornada continuada reducida nos meses de xuño e setembro.

Redacción - 18:32 02/05/2007

A CIG-Ensino foi o único sindicato que non subscribiu o luns o acordo coa Consellería de Educación polo que se garante a xornada intensiva a todos os centros que a soliciten o próximo curso. Ás 11.30 horas está convocada unha manifestación na Praza do Toural de Compostela, que finalizará perante a sede da consellería, en San Caetano.

A CIG-Ensino, que representa ao 40% do profesorado do ensino non universitario, segue a manter a convocatoria de folga logo de ratificala nas asembleas comarcais. “Vai ser secundada pola maioría do profesorado”, afirmou Anxo Louzao, secretario xeral do sindicato. “Esperamos que a consellaría teña que rectificar”.

Os Comités Abertos de Estudantes (CAE) manifestaron o seu "total apoio" á folga de mañá, por consideraren que o acordo ratificado o luns entre UGT, CCOO, ANPE, CSIF e STEG e a consellaría "supón a desaparición definitiva da xornada reducida en xuño e setembro (...) e non garante a xornada continuada neses meses, deixando unicamente aos centros o dereito de solicitala".


Documentos

4,75/5 (4 votos)


Comentarios (9)

surenho #1 2/Maio/2007 surenho

Con independencia da opinión de cada quen sobre a xornada reducida en xuño e setembro, é impresentábel a posición da Consellaría de cambiar o calendario sen negociar -esto, así, non o facía nin o PP-e impresentábel tamén a posición duns sindicatos que cando viron que o anoxo do profesorado era unha realidade súmanse falsamente a unha folga xa convocada, para poucos días despois facer este cambalache coa Consellaría.

xesta #2 2/Maio/2007 xesta

Ben pola CIG!

Druida #3 2/Maio/2007 Druida

Deberíades estar dentro do mundo ensino para ver o esperpento que estamos vivindo estes días. Temos de todo. Demagoxia por doquier, sindicatos que venden a súa firma (a cambio de nada tanxible), conselleiras que minten, sindicatos que van de salvavidas, mestres cabreados, mestres que obedecen a pes xuntillas aos seus sindicatos sen saber nen o que asinan, sindicatos que desconvocan unha folga que nin siquera convocaron, medios de comunicación que manipulan e venden o tema como unha derrota da conselleira, medios de comunicacion que manipulan e venden o tema como un exceso para os mestres........e ante todo isto, temos que seguir dando clases normais, e a ninguén lle preocupa a calidade do ensino galego (o ensino nas aulas). Ante todo iso, só teño unha cousa que decir: DIMISIÓN DE TODA A CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN. FOLGA !!, xa non polas reivindicacións, senón pola ineptitude da conselleira.

barbeitofeito #4 3/Maio/2007 barbeitofeito

Os profesionais do ensino sempre laiándose; fico abraiado con esta folga, despois á CIG encheselle a boca na defensa do ensino público e na mellora da calidade no ensino, mais como é compatíbel defender o ensino público e amosarse inflexíbeis a medidas coma esta? seica a mellora do ensino público consiste en traballar menos horas e cobrar máis polo que se ve; cantas horas traballan ao ano os mestres?; cantos cumplen a xornada laboral de 35 horas? o que debería discutirse é a presenza do persoal docente nos centros de ensino alomenos 35 horas semanais, facilitar horarios de titorías (no cole do meu fillo adican 1 hora á semana por aula/mestre, e se non podes nesa hora non vas), debería discutirse acerca da presenza obrigatoria dos persoal docente nos centros de ensino con independenza dos períodos feriados para o alumnado (cobran o salario igual, non si?), e que adiquen ese tempo á elaboración de programacións didácticas, ao deseño do proxecto educativo do centro, á elaboración de plans de convivencia, á coordinación docente, e á mellora da calidade educativa; non pode ficar ensino público de costas a funcionar con criterios de eficacia e de calidade. A programación anual do centro do meu fillo da vergoña pola súa pobre calidade, non existe un proxecto educativo de centro real alén dun documento presentado pola direción, con 20 páxinas para pasar o trámite, no Consello Escolar a participación amolalles, para a normalización do galego en infantil todo son atrancos e hai docentes que non queren saber ren!!! e aínda teñen o atrevemento de laiarse e convocar unha folga egoísta e corporativista. Para concluir, pareceme moi ben a folga, sempre e cando despois non me veñan coa hipocrisía de defender a "calidade do ensino público", esa "calidade" en abstracto, que só mobiliza para reducir horario ou pedir melloras salariais. Para pedir hai que dar tamén.

antia #5 3/Maio/2007 antia

eu son mestra, estou hoxe en folga, indignada pola forma en que actuou a consellería neste tema, traballo moito máis de 35 horas semanais, adico horas á biblioteca, elaboro programacións didácticas da miña asignatura, no meu centro o galego está "normalizado" en infantil e primaria. E "dou moito" tamén para que o ensino público sexa de calidade, e coma min, hai miles de compañeir@s. "divide e vencerás" é o lema da consellería e tamén dos sindicatos. Con estas medidas van conseguir que haxa colexios de primeira, de segunda, de terceira....
ah! a pesar de que no meu cole tamén hai 1 hora de titoría, entendemos que non todos os pais e nais poden e sen problemas, atendémolos noutros momentos, de todas maneiras eu cando quero ir ao banco e a outras empresas, organismos, non me queda outra que ir nas horas en que eles traballan. Barbeito feito, infórmate un pouco máis de como vai a educación pública no noso pais, non só existe o colexio do teu fillo. Un saúdo.

vidual #6 3/Maio/2007 vidual

O certo é que o informe do Consello Escolar sobre a situación do galego foi demoledor, o cal indica que a situación do centro de Antía é excepcional, e por outra banda, eu tampouco entendo esta folga, homoxeneizar o horario en todo o curso escolar non me parece motivo abondo para convocar unha folga, máis tendo en conta que os profesionais da docencia traballan un número de horas anuais moi inferior a calquer outro traballador, certo que se vas ao banco tes que ir nas horas nas que traballan, pero imaxina que o banco atende só 1 hora á semana (e fora desa hora atenden "de favor"), nunca polas tardes, ou que peche 3 meses no verán, todo o nadal, no antroido e na semana santa, ao meu entender o que acontece é a proba inequívoca dunha enorme FALTA DE VOCACIÓN DE SERVIZO PÚBLICO, e que estamos diante dun sindicalismo que o único que defende é A CALIDADE DO EMPREGO DO PERSONAL DOCENTE, MAIS NON A CALIDADE DO ENSINO, e despois, outro problema de fondo é a cultura do traballo neste país, nomeadamente na función pública, se un neno se mexa en infantil, os mestres non o cambian, ten que ir o pai/nai, xa que "non entra nas súas funcións", aínda que ben poderían considerar o ensino de hábitos de hixiene se houber unha mínima vocación de servizo, mais non é así, prima o "non é a miña función", a función pública debe xa de adoptar criterios de calidade na xestión e modernizarse, mais o sindicalismo o único que fai é aferrarse a este sistema funcionarial, que se podería resumir na máxima :"quero ser funcionario pero ter un seguro de sanidade privada".

antia #7 3/Maio/2007 antia

QUE PENA!!!!!!!!!!!!!!
SEN COMENTARIOS, VIDUAL!!

vidual #8 3/Maio/2007 vidual

POR FAVOR, CON COMENTARIOS, ARGUMENTA, U-LO A MÁGOA!?

Barcelos #9 3/Maio/2007 Barcelos

Ao que non lle guste a calidade das nosas escolas que ensine aos seus fillos en casa.
Eu creo que perdemos moita calidade e seguiremos perdendo.
O salto hoxe á Universidade é brutal cando polos anos 1960-1970 a min parecíame ata máis fácil a Universidade que o colexio.
Eliminamos unha chea de asinaturas e temas que nos fai tan incultos como cando nos riamos dos americanos porque non saben onde está Barcelona ou Madrid.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: