Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
Aprobado polo Consello da Xunta

Convenio para promover o galego nos primeiros anos da vida

A Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Fundación Preescolar na Casa renovan a colaboración para continuaren co programa Preescolar na Casa - Educar en Familia.

Redacción - 17:20 03/05/2007

Segundo o convenio, aprobado polo Consello da Xunta, Política Lingüística financiará con 200.000 euros este programa. O obxectivo é promover o uso do galego nos primeiros anos de vida, para que os rapaces e as rapazas de entre 0 a 6 anos medren co galego como lingua habitual. Preescolar na casa desenvolve dende o 77 un programa de educación no medio rural, integramente en lingua galega: grupos de traballo, charlas colectivas e divulgación nos medios de comunicación, son as ferramentas para chegar a 4.150 familias dun 82% dos concellos de Galicia.

As liñas de acción baséanse en incentivar o uso na propia familia: motivar a familias que esperan o primeiro fillo, promover o emprego do galego como medio de comunicación, dar a coñecer materiais e recursos en lingua galega para a educación dos fillos ou incentivar o emprego do galego entre os diferentes sectores e institucións das áreas xeográficas.

Entre as accións relacionadas coa orientación familiar figuran reunións periódicas, charlas destinadas a familias e profesionais da educación ou a elaboración de cinco números dunha revista de contido pedagóxico, ademais do programa de televisión semanal para a súa emisión na TVG, diversos programas de radio ou a participación en diferentes medios de comunicación.


0/5 (0 votos)


Comentarios (2)

LOIS_DE_SILAN #1 3/Maio/2007 LOIS_DE_SILAN

NA GALIZA NA SÚA LINGUA TERRITORIAL PROPIA COMA EN "CASTELA" NA SÚA. E A Galiza, sobre todo ultimamente, non só é medio rural.
O traballo de valoración da lingua propia da Galiza haino que facer principalmente no medio urbano, que é o referente que actualmente teñen as xentes do rural. De nada serve que prediquen os de Preescolar na Casa no rural sobre a importancia da lingua galega se parellamente non se fai o mesmo no medio urbano.
Se non se quere crear unha reserva idiomática do galego no rural, é inexcusábel ese traballo de valoración da lingua propia da Galiza no medio urbano.

Barcelos #2 3/Maio/2007 Barcelos

En Catalunya a maior parte das canles de TV emiten en catalán unha boa parte dos seus programas: TVE1, Antena 3, Telecinco... A Tele ten moita influencia na xente. O meu fillo aprendeu moito galego grazas a Xabarín da TVG e a que as canles estatais non poñían debuxos animados.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: