Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CUARTO INTENTO FALLIDO

Os mariscadores ferroláns volveron impedir a entrada do 'Galicia Spirit'

O gaseiro, vixiado por medio cento de embarcacións marisqueiras, desistiu a última hora da tarde de comezar a manobra

Redacción - 22:31 08/05/2007


Os mariscadores de Ferrol volveron botarse ao mar na tarde deste martes para impedir, por cuarta vez consecutiva, a entrada do gaseiro ‘Galicia Spirit’ na ría de Ferrol. O buque, vixiado por medio cento de embaracións mariñeiras, xa non chegou a facer manobras de acceso.

Aínda que o delegado do goberno español en Galiza, Manuel Ameijeiras, ameazou ao longo da xornada con empregar as forzas de seguridade para garantir a entrada do buque, os mariñeiros non dubidaron en volver botarse ao mar para frustar a manobra.A primeiras horas da mañá deste mércores está previsto un novo intento do buque para acceder ao porto. Os mariñeiros, que estiveron apoiados dende terra por preto de 300 persoas, xa anunciaron que volverán saír cos seus barcos ao seu encontro.

Reganosa denuncia os mariscadores que bloquean a entrada do gaseiro
Regasificadora del Noroeste, Reganosa presentou na mañá deste martes unha denuncia nun xulgado ferrolán por “coaccións” contra membros do Comité Cidadán de Emerxencias da ría de Ferrol que impiden a entrada do gaseiro 'Galicia Spirit'.

A denuncia vai contra 25 das embarcacións identificadas o luns. A empresa solicitoulle os datos dos barcos á Capitanía Marítima. A empresa tamén denunciou ao coordenador do Comité Cidadán, Carmelo Teixeiro, e o portavoz dos mariscadores, Bernardo Bastida


Ligazóns

4,5/5 (6 votos)


Comentarios (2)

Lead_bocas #1 8/Maio/2007 Lead_bocas

Estas son as únicas perdas nas que reparan os responsabeis do lamentábel desastre que acontece imparábel nas nosas rías. STOP REGANOSA. Políticos, nunca máis.

Sara_Mago #2 8/Maio/2007 Sara_Mago

Eis os mafiosos que querem manter o nosso pais eternamente numa situação de dependência colonial. Eis a indefensão dos cidadãos galegos perante a “justiça” espanhola. Até quando imos aturar isto?

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



A xente despide as lanchas no peirao
A xente despide as lanchas no peirao
Vista da planta de Reganosa desde o mar
Vista da planta de Reganosa desde o mar
As lanchas navegan cara ao gaseiro
As lanchas navegan cara ao gaseiro
A Garda Civil tenta rachar o círculo das lanchas
A Garda Civil tenta rachar o círculo das lanchas
Aviso ás lanchas de que incorren en "delito de desobediencia"
Aviso ás lanchas de que incorren en "delito de desobediencia"
Ao temón, Milín, na camiseta poden ler un dos lemas do día: "Planta de gas, fóra da ría!"
Ao temón, Milín, na camiseta poden ler un dos lemas do día: "Planta de gas, fóra da ría!"