Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Galego.org

Xestionado por Vieiros
RSS de Galego.org
Acordo dos tres gobernos

Galiza, Euskadi e Cataluña colaborarán na promoción das linguas propias

Instaran ás institucións estatais a garantiren a protección e o uso do galego, do éuscaro e do catalán.

Redacción - 19:18 09/05/2007
Pueyo, Baztarrika e López, no acto de sinatura do protocolo

Pueyo, Baztarrika e López, no acto de sinatura do protocolo

Os gobernos galego, catalán e vasco asinaron un acordo de colaboración en materia de política lingüística. Mediante o convenio, que se fixo oficial este mércores no Congreso dos Deputados, os tres executivos fomentarán os seus respectivos idiomas oficiais.

Os responsábeis de Política Lingüística, Miquel Pueyo, por Cataluña; Patxi Baztarrika, por Euskadi, e Marisol López, por Galiza, comprometéronse a animar as institucións do Estado a dispensarlle ao catalán, ao éuscaro e ao galego un trato máis xusto. De feito, salientaron que o 40% da poboación estatal vive nunha comunidade con lingua propia diferente do castelán.

A vixencia do acordo será de tres anos prorrogábeis, durante os cales os tres gobernos fomentarán a protección das súas linguas no ámbito da Administración do Estado e da Unión Europea. Deste xeito, esperan que se garanta o uso dos tres idiomas nas institucións estatais, nas empresas de servizo público e nos medios de comunicación de titularidade estatal.

Así mesmo, promoverán o ensino da historia e da cultura das linguas minoritarias, como estabelece a Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias (CELROM), en todas as comunidades do Estado. As tres comunidades tamén intercambiarán experiencias e estratexias de sensibilización da poboación para a normalización lingüística e para a promoción exterior dos seus produtos culturais.

Marisol López afirmou que o acordo pretende garantir un estado plural e rico e que é precisa a corresponsabilidade do goberno central e dos autonómicos.


Ligazóns

3,57/5 (7 votos)


Comentarios (19)

manual #1 9/Maio/2007 manual

Esta noticia é propaganda repetida. Cantas veces van presentar o mesmo acordo... E cando fará algo a señora López para que a cousa comece a cambiar...

LOIS_DE_SILAN #2 9/Maio/2007 LOIS_DE_SILAN

"TRATO MÁIS XUSTO para as linguas españolas distintas do castelán". Non hai trato máis ou menos xusto: ou se respecta o ordenamento ou non se respecta: NA GALIZA (EUSKAL HERRIA, CATALUNYA) NA SÚA LINGUA TERRITORIAL PROPIA COMA EN "CASTELA" NA SÚA, sen prexuízo de usarmos outras con quen descoñeza a propia do territorio.
O que teñen que facer a Marisol e colegas é, sen prexuízo de instar diplomaticamente o que queiran ós órganos do Estado central, interpor un contencioso-administrativo (ou, de ser o caso, unha querela criminal) por cada violación dos dereitos lingüísticos na que incorran, e deixarse xa e definitivamente de propagandear. Mais, como é ben sabido, non o van facer, entre outras razóns, porque eles mesmos son destacados violadores dos dereitos lingüísticos.
"Estratexias de sensibilización da poboación para a normalización lingüística"... Manda carallo! Supoño que empezarán por eles, pola militancia dos seus partidos e polo persoal ó servizo das Administracións públicas que dirixen!

xoca #3 10/Maio/2007 xoca

A min non me queda claro se o acordo e dos tres governos ou de tres partidos dos governos, non hai que confundir churras con merinas. aclarar quen firma o acordo, refirome as institucións e non ás pessoas.

Gaviotero #4 10/Maio/2007 Gaviotero

Constitución Española

Artículo 3

El castellano es la lengua española oficial del Estado. Todos los españoles tienen el deber de conocerla y el derecho a usarla.

Así que a joderse toca...

ulham-novo #5 10/Maio/2007 ulham-novo

na Galiza como en Suiza ou Belxica única lingua oficial a do país, coñecemento do castelan para quen o queira, idioma oficial o galego

luimipi #6 10/Maio/2007 luimipi

Oes "Gaviotero"...provocar o xusto!.

E se por se non te dixeron nunca..."A CONSTITUCIÓN NON É A BIBLIA", non é un texto que está en espanha po-la gracia de deus...

E pódese modificar, e débese modificar...

Acaso son eu menos cas ti?, acaso o galego é en galiza menos que o castelán?.

En galiza a LINGUA propia é O GALEGO...o Castelán é coma o Inglés...unha língua allea, que comezamos a falar moito dende a dictadura...


E no novo estatuto DEBESE establecer COMO MINIMO, a igualdade legal entre o Galego e Castelán.

E antes ou despois será así, non te preocupes...que o que rí o ultimo rí dous veces.

E repito, non veñas a toca-los collóns...porque pra mi, podes defende-lo que queiras,...e que acebes é deus, pero o "a joderse toca"...xa non!!!.

un saúdo

Gaviotero #7 10/Maio/2007 Gaviotero

En Galicia la lengua oficial es el castellano y el gallego, siendo el castellano la única que tienen la obligación de conocer los gallegos.

Dices tú que el castellano en Galicia es como el inglés...una lengua ajena. ¿Será por eso que es la lengua materna de la mayor parte de la población gallega?

Tus argumentos creo que son más bien endebles, tanto por la vía de la realidad legal (Constitución y Estatuto) como por la vía de la realidad social (la mayoría de los gallegos tienen como lengua materna y de uso habitual el castellano).

Y respecto a la Constitución, por supuesto que se puede y se debe cambiar si hay mayoría para ello. Pero hoy por hoy parece que no se da esa mayoría.

Si lo de "a joderse toca" te ha molestado lo retiro. Pero es que esas expresiones fuera de la realidad (legal y social) en las que se dice que la única lengua de Galicia es el gallego me parecen tan ofensivas como lo del "a joderse toca" y considero que a los que viven fuera de la realidad y nos la quieren imponer, lo mejor que podemos hacerle es tocarles las narices.

luimipi #8 10/Maio/2007 luimipi

imos ver...

a frase de "o galego é a língua propia de galiza"...non é unha frase ofensiva pra ninguén pq É A VERDADE...o castelán é unha língua que naceu en CASTELA, e que aquí se impuxo, ó comezo po-lo clero e nobleza (sen moito froito), e logo po-la ditadura, con moitisimo resultado...pero iso xa foi no medio do século XX...po-lo tanto o uso habitual do castelán en galiza non ten nin ún século...

...e se falamos de maiorias...coido que estás moi errado...

o galego é a língua materna do 63% dos galegos, po-lo tanto non sei de que falas...o que pasa é que nas cidades se fala máis castelán, po-lo que se eres de cidade (o que se nota), ti ves que a maioria fala castelán, pero o certo é que a poboación galega está moi dispersa, pensa que somos máis de 2.5millóns, e entre as cidades apenas chégan ó millón, e iso que algúnhas cidades úsase máis o galego.

Entón...a maioria non podemos ter os mesmos dereitos (ollo que non pido máis, nin pisar), que os castelan falantes?.

Coido que estás moi cerrado no teu...e a min non me gustan os extremos...nin ultragaleguismo...e moito menos un "ultraespanholismo" como o teu.

O GALEGO TEN COMO MINIMO que ser = QUE O CASTELAN.

e o castelán en galiza é como o inglés (ou o inglés será dentro duns anos o mesmo q o castelán)...o único, UNICO idioma propio de galiza é o galego...OBVIO!!!

saúdos

Xoan-Carlos #9 10/Maio/2007 Xoan-Carlos

Totalmente de acordo con Luimipi. O castelan e unha lingua que veo de fora, impuxose no pobo e tan foranea como o ingles, non importanta canta xente a fale.

E Gaviotero fala da constitucion como se este documento fora agasallada polos deuses en vez de redactada por uns politicos que se cagaban de medo dos militares.

Tamen os Americanos teñen unha constitucion que garantiza o dereito dos cidadans a portar armas e que deixa que se asasinan rapaces nas escolas todos os dias. Pero eu calo, porque supoño que como esta nunha "constitucion" ten que ser corecto, non, si?

Gaviotero, as constitucions reflexa os tempos en que so redactadas. A constitucion American reflexa os tempos do Wild West, a matanza de indios e a guerra de independencia. A constitucion española reflexa unha epoca de dominio institucional centralista/española e autoritaria (fascista, franquista, españolista, o como queras que se chame) cando toda españa non sabia cal seria o seguinte paso e conformabasa co minimo.

A constitucion debe cambiarse para representar a realidade presente, incuindo a realidade dos galegos e a sua lingua propia, que e unicamente o galego.

Saudos

Gaviotero #10 10/Maio/2007 Gaviotero

La Constitución, chavales, fue apoyada por la mayoría de los españoles. Y esa Constitución y no otra cosa, es la que ha permitido que los nacionalismos tengan presencia en la sociedad.

El castellano es una lengua tan propia de Galicia como el gallego. Creo en que debería existir igualdad de derechos para el uso del gallego y del castellano en toda Galicia y precisamente por eso lucho contra todos los "nacis" que quieren imponer al más puro estilo franquista (e incluso más allá...) el gallego.

Si se empeñan en normalizar el gallego en Galicia; esto es, en imponérnoslo, ya nos encargaremos la mayoría de los gallegos castellanohablantes en normalizar el uso del castellano.

Por cierto, no estaría nada mal que conocierais un poco mejor Galicia y supierais que en la franja occidental es donde se concentra la mayor parte de la población gallega. Franja que además coincide con la mayor concentración de castellanohablantes.

A ver si me vais a intentar convencer de que aquí en Galicia se habla el gallego más que el catalán en Cataluña (que la propia Generalidad reconoce que no lo tiene como lengua principal más de la mitad de la población).

Tenéis, eso sí, todo el derecho para ansiar un cambio en la Constitución (que yo también quiero, pero en sentido contrario), como yo también deseo que en el Estatuto de Galicia deje de decir eso de que la "lengua propia" de Galicia es el gallego. Porque a mí, además de ser una mentira bien gorda, me parece una tremenda melonada.

Y os pregunto. Si la mayor parte de la población habla el gallego y tiene como lengua materna el gallego...¿por qué no dejar que los padres elijan libremente en la educación la lengua vehicular de sus hijos?

luimipi #11 10/Maio/2007 luimipi

eu non te entendo gaviotero...en todo este tempo q estamos a discutir dis en ocasións o contrario do qeu queres dicir, e xa me pregunto se é despiste, casualidade, dislexia ou é que dis o contrario do que pensas a posta...ou non pensas o que dís que é máis probabel... (falo do teu último parrafo).


Por outro lado, e xa o dixen moitas veces, unha mentira que se repite moito non é unha verdade...e ti estás a repetir unha mentira moito a ver se a creemos nos...

O GALEGO É -DE LONGO- O IDIOMA MÄIS FALADO EN GALIZA...con case un 20% de diferenza...
un 63% de galego-falantes!!!

é certo que no Atlántico estaMOS a maioría dos galegos...pero, pq estar no atlantico implica falar castelán????...de onde sacas iso?.

Ti viches algunha vez un estudo sobre o estado da língua?...eu ata teño mapas aquí...e no atlantico, se quitas as cidades, e como moito un par de concellos de arredor onde se fala = galego q castelán...no resto de concellos PULE o galego ó castelán...pero POR MOITO TIO...POR MOITO

E xa cansa q digas mentiras como base dos teus argumentos...

e sobre o que dis da comparativa co catalán...(hoxe xa me canso de darte datos neno, que mira que erras no 90% q sae do teu teclado)...
É nacionalmente recoñecido tanto po-la UE como po-lo RAG como po-los organismos espanhois cataláns e vascos, de que o Galego é moito máis falado en galiza que o catalán en catalunya ou o eusquera en Euskadi...

Pero claro..ti iso non o sabías non?...que cousas...

Mira, o galego perde falantes, iso é obvio, e por iso xente coma min quere que non sexa así...e unha das moitísimas causas é que nas escolas ensínase apenas unhas poucas asignaturas en galego, e ensínase que o castelán é superior...e se hai que chamar naci a alguén terá que ser a todo aquel (do BNG ou do PP, ou PSdG), que queira pisar unha cultura pra IMPOR outra...
...coma estás a demostrar nun triste intento de semellar "liberal".

E se queres dicir que o galego está a pisar os dereitos dos castelán-falantes, é de risa!!!

Mira, un exemplo...

Nun supermercado cando fun pagar, -obviamente falei galego-, e a caixeira, (que debía ser coma ti), díxome: "ya no hace falta que me digas a quien votas"...POR FALAR GALEGO!!!!...a xente pensa q o galego é ou de pobo ou do BNG...e iso é triste...pq non é certo, o galego pode ser moderno e de dereitas centro ou esquerdas...

Asi que insinues que "lucho contra todos los "nacis" que quieren imponer al más puro estilo franquista (e incluso más allá...) el gallego." é de risa...pq por cada radical galeguista q atopes...atoparás 100 máis que pisan os dereitos de galegofalantes...que como digo, inda somos ampla maioria...!!!

Recórdasme a un coñecido de Marín, Fernando Cota...el é igualiño a ti. Falto de educación, e castelanista a saco...


E por certo, dime PQ, que motivos tes, pra pensar qeu o castelán e a lingua propia de galiza (quero rir un rato máis).

saúdos

Gaviotero #12 11/Maio/2007 Gaviotero

Yo no tengo ningún problema en que la gente elija hablar gallego o castellano. Yo no tengo ningún problema en que los padres elijan educar a sus hijos en gallego o en castellano...

¿Puedes tú decir lo mismo?

Barcelos #13 11/Maio/2007 Barcelos

A Constitución non é dogma de Fe. Foi creada polos homes e non é eterna. Está aí para cambiala. E ten moito que cambiar.
Falades da Constitución como: "esta é a Lei de Deus e a foderse tocan".
Recórdasme a inquisición. ¡É anticonstitucional! ¡Sacrilexio! ¡Morte ao herexe!

Barcelos #14 11/Maio/2007 Barcelos

Luimpi. Non estou dacordo en que o galego, o normativo, é o idioma máis falado de Galiza. Nas 7 cidades é o castelán. Afina ben o oído polas rúas do centro. Como moito oirás castrapo. E nas aldeas? galego normativo, nada de nada. Galego rural e as veces Ghalegho.
Pero iso non é escusa. Co tempo poderá selo.
Ás persoas maiores que non o aprenderon na escola dálles preguiza, pero aos mozos xa non lles custa nada e só é cuestión de vontade.

luimipi #15 12/Maio/2007 luimipi

1. Gaviotero: si podo dici-lo mesmo.
2. Eu non me referín ó galego normativo, coido que perdeches moito da discusión sobretodo pq non foi soamente neste fio, e eu díxenlle noutros q nas cidades (eu son de cidade maioritariamente), fálase moitisimo castelán.

O galego normativo?, cos cambios de normativa xa é dificil ata pra os que o estudian o usa-lo ben...o galego é galego, fálese no rural, na cidade ou nunha cátedra na universidade.
Pq NUNCA NUNCA na historia existiu "un galego"...pois en lugo fálase diferente a en Pontevedra, e en Ourense...e ata sen ter tanta distancia...
E iso é algo histórico, que non se vai quitar nunhas poca décadas...inda estamos en fase de normalización, e inda non rematou a da "normativización"...pois ata fai ben pouco a normativa era prácticamente = q a castelá...agora xa comezan a cambiar.

Todo iso é o que penso...así que non saques conclusións, por favor, de cousas q eu non digo ;)

E por outro lado, o normativo é dicir "Gato"...pero iso case nunca se da, o normal é "Hato", ou "jato"...e débelo de saber...

O que hai que facer é protexe-lo galego, pra que a xente non o siga considerando "língua de 2ª"...pois pais q falan galego non queren q os seus fillos o falen pq lles meteron na cachola que iso é malo.

(e iso sufrino familiarmente...asi q..)

3.sobre o da constitución, xa dixen que estou dacordo con iso...100%.

4.Cada un que fale o que quera...eu non obligo a ninguén...pero todos estes anos os que estiveron OBRIGADOS a educa-los seus fillos nun idioma que non querían eran os galegofalantes (a maioria), PQ NON SE PODIA...e a xente castelano-falante, non tiña a moral q temos o resto en propoñer que todos poidan no seu idioma...e durante décadas foi así...así qeu é RIDICULO que os que antes esmagaban o galego facendo coma se non tivera dereitos, veñan agora se os dereitos dos pais ou do fillo...ou a madre que os pariu a todos.
Eu non puiden estudiar mais que UNHA asignatura en galego...UNHA: "LINGUA GALEGA"!!!, O MESMO QUE INGLES!!!!!!!!!!!
Tiven que estudia-la miña lingua coma unha extranxeira...MANDA COLLONS!!!

Asi que iso de que o galego está a pisar o castelán...o di a xente á que lle molesta escoitar sequera o galego...pq no dia a dia, o galego está moi maltratado. E por sorte, pouco a pouco comeza a IGUALARSE (que non superarse) a situación. (e iso que somos máis)




Nada máis, un saúdo ;)

Barcelos #16 12/Maio/2007 Barcelos

De acordo contigo Luimipi. O galego non está a pisar ao castelán. Pero hai "galegos" que están dispostos a pisar ata a outros galegos, por non falar o galego que eles impoñen é aparece sempre a ley de Berto.

Lei de Berto: “A medida que unha discusión online en galego sobre calquera tema avanza, a probabilidade de que se mencione o reintegracionismo/isolacionismo achégase a 1″

Barcelos #17 12/Maio/2007 Barcelos

Se aínda non podemos modificar a Constitución, si podemos aprobar un Estatuto de Galicia que diga:
"O galego é a lingua oficial do Estado de Galicia. Todos os galegos teñen o deber de coñecela e o dereito a usala"

luimipi #18 12/Maio/2007 luimipi

Penso Barcelos, que estamos dacordo totalmente niso.

Pero o que pasa é que ese feito, (o do post 16), dase con calquera cousa na especie human, sempre, fálese do tema que se fale, haberá alguén que use unha reivindicación lexítima e lóxica, nun motivo pra poder abusar...iso pasa con todo, e o galego non é menos.

Eu estou en desacordo totalmente con quen intente impoñer po-la forza algo, inclusive o galego. Pero que quede por diante, que hoxe por hoxe o UNICO idioma pisoteado na Galiza é o galego...así que os castelano-falantes o único que lles pasa é qeu sinten nostalxia de cando en galiza soamente se funcionaba 100% en castelán...e o que xa exista xente que quere que se funcione xustamente, tamén en galego, asústalles e pensan que estamos a pisa-lo seu mundo.

E dicir, fan un ultranacionalismo espanholista.

Acaso ónde estaba eles cando nos estaban a pisotea-los dereitos dos galego-falantes que, insisto, eramos e somos maioría?, ónde estaban eses que claman xustiza de línguas?...esas boas persoas que din que non se pode privar a un pai de ensinar a un fillo no idioma que quere...
....e iso que nos somos maioria, e nos pisaron durante séculos...inclusive durante a democracia...que non estou a falar de franco.


Por iso faime ""gracia"" (irónicamente), uqe alguén diga que o castelán está en perigo, ou que os seus dereitos...etc...pura demagoxia!!!

un saúdo...e a ver se chega pronto ese estatuto, e que diga o que puxeches ahí...que eu boto sí XA!!!.

Barcelos #19 12/Maio/2007 Barcelos

A algúns lles soa moi bonito a Historia de España cando era un imperio con Felipe II. Pero a historia pasa e os imperios caen.

Eu son partidario dunha Europa federal na que Galicia sexa un dos seus Estados e España penso que xa non tería razón de ser, como tampouco tivo Yugoeslavia ou Serbia-Montenegro. Pasaría a ser Historia ou Lenda.

Algunhas autonomías son artificiais e terían que anexionarse a outras dentro desa Europa Federal.

E non é como para rasgarse as vestiduras nin para desprezarnos por querer ser autónomos.

Que había antes dos Reis Católicos?
Seica non colaboraban algúns reinos cos seus reinos veciños?
Foder. Se eu son autónomo, ata me caería mellor un madrileño, que tamén fose autónomo e non se sentise o meu dono e señor.

Camiñamos cara a un mundo global pero como unha Confederación de Estados autónomos.
E Gaviotero se esquecemos o español xa nos entenderemos convosco en inglés.

Saúdos.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: