Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
PARA CONVERXER CO ESTADO

O BNG comeza unha ofensiva para renegociar a extensión da banda larga no rural

Francisco Rodríguez: “a orde ministerial de 2005 non deu os seus froitos”

RV - 14:04 14/05/2007
Francisco Rodríguez, nunha imaxe de arquivo

Francisco Rodríguez, nunha imaxe de arquivo

O portavoz do BNG no Congreso dos Deputados, Francisco Rodríguez, acaba de rexistrar unha iniciativa para que o goberno estatal se implique máis á hora de levar a banda larga ás bisbarras rurais. Segundo lle explicou o parlamentario a Vieiros, é urxente modificiar a orde ministerial de 2005. Rodríguez indica que aquela orde “non deu os seus froitos e o mundo rural galego segue a estar sen acceso.”

Rodríguez convida ao goberno español a consensuar un novo acordo coa Consellería de Innovación e Industria no que se teña en conta a alta dispersión poboacional do noso país. O deputado subliña que Galzia non camiña cara a converxencia neste eido: “Os últimos datos sitúannos en penúltima posición, cunha penetración de banda larga de 21.9%, a unha distancia de 17 puntos doutras comunidades líderes”

Segundo puido saber Vieiros, a Dirección Xeral de Promoción Industrial e Sociedade da Información xa se puxo en contacto co goberno español para mostrar a súa preocupación polo escaso avance da rede no medio rural. A iniciativa de Rodríguez busca apoiar dende o Congreso unha próxima negociación.


5/5 (9 votos)


Comentarios (3)

roper #1 14/Maio/2007 roper

iso, iso, que fagan algo, que eu sigo aquí co meu TRAC e sen banda ancha dispoñible.

piorno #2 15/Maio/2007 piorno

Com dados de março de 2007 e em número de lares com acesso à internet, Galiza (31,5%) encontra-se bem longe de Portugal (42%), a Catalunha (45%), o País Basco (45,2%) ou Madrid (47,6%). Já para nom falarmos doutros países do nosso entorno, como a Irlanda ou a França, superando os 50%, ou o Reino Unido com mais de 60%.

Estamos a falar da banda larga quando já em banda estreita estamos na cauda da Europa. Isso é como se falássemos de auto-estradas quando ainda andávamos a cavalo polas corredoiras.

O primeiro é fazer com que em todos os lares haja um computador. O segundo, que tenha acesso à rede e finalmente, a banda larga. Nom se pode pôr o carro à frente dos bois.

Barcelos #3 15/Maio/2007 Barcelos

Séntoo pero os meus pais non queren computador en casa. E non se lles pode obrigar. Nin banda larga nin banda estreita nin "banda carallo"

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: