Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Canal Verde

Xestionado pola Federación Ecoloxista Galega e Vieiros
RSS de Canal Verde
FEITOS REALIZADOS NA PIOR ÉPOCA

ADEGA denuncia unha nova agresión ao Barbaña

Cada certo tempo o río Barbaña vén sufrindo impactos derivados de actuacións agresivas ao ecosistema fluvial. Estes días todos os cidadáns que cruzamos as distintas pontes que atravesan o río no percorrido urbano e os que pasean polas súas ribeiras podemos comprobar como se está procedendo ao desbroce da vexetación de ribeira.

ADEGA - 13:05 15/05/2007
Tags:

Esta acción non é a primeira vez que acontece; feitos tan lamentábeis coma este no río Barbaña sucédense periodicamente. A estas alturas da primavera pórse a desbrozar a vexetación de ribeira pode considerarse coma un atentado a flora e a fauna que conforman o ecosistema do río.

Adega cualifica estes feitos de lamentabeis por seren mandados executar ao persoal do concello, por parte dunha persoa que se gaba de recuperar as ribeiras dos ríos do concello de Ourense (Enrique Nóvoa) Toda actuación que se queira facer nas ribeiras dos ríos precisa de autorización do organismo competente en materia de policía de augas, neste caso a Confederación Hidrográfica do Norte. Esta actuación está sendo realizada na zona de servidume (espazo de 5 m a cada beira do río) que se atopa moi condicionada polas restrictivas normas da vixente Lei de Augas que non permiten actuacións coma estas sen licenza que só se outorgaría para casos moi concretos e urxentes.


Desde o punto de vista ambiental dita actuación está sendo efectuada na pior época do ano, en período de cría e refuxio para a a rica e variada avifauna do río Barbaña. (Ex; Ponte de Ervedelo)


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: