Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
A PENAS UN TERZO DOS SITIOS FALA SOBRE ZONAS RURAIS

A metade da produción web galega depende de cartos públicos

O investigador do IDESGA Carlos Macía sinala que Irlanda crea dúas veces máis contidos para internet que Galiza

M.V. - 11:00 17/05/2007

O 42,4% das páxinas web galegas están relacionadas co sector público. Así o revelou o investigador do IDESGA Carlos Macía nunha conferencia realizada esta semana en Santiago por mor da campaña “Máis internet, máis galego, máis futuro”.

Macía é o autor dunha tese que compara o desenvolvemento da sociedade da información en Galiza e Irlanda. A tese indica que mentres que as empresas irlandesas están usando a rede para introducirse nos mercados internacionais, as webs galegas céntrase principalmente na administración, na cultura e no turismo.

Poucos contidos sobre o rural
O estudo atopou que a produción de páxinas web irlandesa dobra a galega. Así, no intre de realizar a investigación existían en Galiza 37 webs por cada 10.000 cidadáns, mentres que en Irlanda había 76.

A situación da produción de contidos para internet é máis preocupante no rural galego. E é que apenas un terzo dos sitios do país analizados polo investigador correspondían a espazos rurais.

O gaélico desaparece no ciberespazo
Iso si, o relatorio tamén indica que máis da metade dos sitios web galegos usan o idioma propio, mentres que a presenza do gaélico no ciberespazo irlandés é mínima.


5/5 (10 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: