"Quen non defende a súa lingua non é ninguén", afirmou Anxo Quintana en Monforte, nun dos mitins onde os nacionalistas xuntaron máis xente no que vai de campaña.
Do mesmo xeito que Monforte ten "o seu castelo ou o río Cabe", Galiza ten o seu idioma para "sentírmonos orgullosos" no medio dun "mundo globalizado", segundo expresou este xoves o voceiro nacional do BNG durante o seu mitin nesta vila luguesa. No único concello lugués onde o BNG ostenta a alcaldía, Anxo Quintana ironizou co baleiro nun acto recente do PP na mesma localidade. "Tiñan pouca xente e botáronlle a culpa ao Real Madrid", comentou, engandindo que "para gañarlles non cómpre o Real Madrid, xa está Severino Rodríguez", subliñou referíndose ao alcalde e candidato do BNG.
Quintana afirmou que "por fin Lugo será a primeira en algo", salientando a apertura dunha rede de Galescolas que convertirá a provincia na de mellor cobertura en ensino infantil de todo o Estado. "Xa era hora", dixo, "poden estar todos contentos, menos os do PP, que prefiren que Lugo siga á cola de todo". Durante a súa intervención, Quintana acusou o líder do PPdeG de dicir "burrada tras burrada" nesta campaña, reprochándolle que lle "faltan as ideas".
Se nós resistimos e os outros non, no mundo globalizado haberá dúas linguas............... e unha delas será a galega. No mundo haberá galegos e os outros!....os sen identidade!
Roubastes as Galescolas e calastes perante a péssima administração de fundos públicos para potenciar meios em galego. Prometestes mais ensino em galego e continuais a incumprir os mínimos da Lei de NormalizaCIÓN. E ainda quereis o voto, ai que caralho!