Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Municipais07

Xestionado por Vieiros
RSS de Municipais07
Municipais07

PPdeG: Acórdanse de Fraga, don Manuel?

A "rascar cantos votos sexan posíbeis" convidou Manuel Fraga aos populares na súa primeira intervención durante esta campaña electoral.

Redacción - 09:00 20/05/2007

Logo de anos de hiperactivas campañas electorais con ducias de actos por todo o país, Manuel Fraga chega en 2007 á caravana destas municipais xa no ecuador do traxecto. O ex presidente inaugurou intervención na parroquia de Augasantas, en Pontevedra, onde se referiu a algúns asuntos de actualidade, como é o caso da recente folga do naval, comentando que sucesos como o da ocupación das delegación da Xunta en Vigo "non pasan cun goberno serio".

Na mesma xornada, Fraga apareceu tamén no mitin da Estrada, onde deixou frase para a posteridade: "Todas as empresas humanas son camiños que hai que percorrer sen pisar a ninguén, salvo que se empeñen", logo de debullar os "logros" dos seus anos de goberno, mencionando cifras de quilómetros de estradas construídas ou hospitais edificados. Cualificando de "transcendental para Galiza e España" esta campaña electoral, pediu a mobilización dos simpatizantes do PPdeG para rabuñar os votos necesarios que eviten coalicións "que veñan amolar".


2,2/5 (5 votos)


Comentarios (7)

luisfoz #1 20/Maio/2007 luisfoz

Nova versom da "Múmia"; deve-se lembra que esta antigüidade egípcia, tantas vezes levada ao ecrán, tem um carácter assassino. Olho com el!

Xeonllo #2 20/Maio/2007 Xeonllo

Eu lembro que Fraga é un presidente autonómico que tivemos e que é unha vergoña para todos os galegos, posto que foi ministro da dictadura franquista, que defendeu a represión frente ás críticas do mundo democrático, que defendeu estados de excepción, etc.

¿Como é posible que un pobo como o galego, que nos tempos do maquis, nos anos 40 e 50, axudou e encubriu moitas veces guerrilleiros antifranquistas, teña votado varias veces seguidas, e de maneira absolutamente maioritaria, por un home que foi parte activa desa dictadura?

É verdade que foi un aperturista dentro do franquismo, e incluso que hoxe en día, dentro do PP, ata resulta ser da "ala esquerda", tendo en conta a deriva que leva dito partido da dereita centralista e antigalega, mais eu non imaxino, por exemplo, os italianos votando por un antigo ministro de Mussolini, en Alemaña votando por un antigo ministro de Hitler, ou en Francia votando por algún antigo ministro ou colaborador do goberno de Vichy.

O que pasa é que no estado español, a diferencia deses outros estados europeos, non houbo unha auténtica ruptura coa dictadura fascista, non se xulgou niguén nin se educou no antifranquismo, e a xente, moita, segue a mirar esa época e os políticos desa época como "respetables".

Barcelos #3 20/Maio/2007 Barcelos

Non me lembro. É que eu son moi novo. ¿Quen é ese Don Manoel?

Barcelos #4 20/Maio/2007 Barcelos

Ten razón Don Manoel. Cun goberno serio como o seu, os superviventes da manifestación, queimarían o edificio da Xunta.

Gueceteiro #5 20/Maio/2007 Gueceteiro

Por desgraza creo que todos @s galeg@s nos lembramos del. Forno dezaseis anos os que estivo no goberno da Xunta e iso é unha ferida que tardará moito en fechar. Agardo que Nunca Máis volte gobernar un coma el no noso país.

Gaviotero #6 21/Maio/2007 Gaviotero

Pues por ahora, tanto para los que se acuerdan como para los que no, es el personaje político más importante de la historia democrática de Galicia. Con un respaldo popular durante un periodo de tiempo que ya querrían para sí otros que se tienen que conformar con ser la ladilla del gobernante de turno.

luimipi #7 21/Maio/2007 luimipi

se a "socio" chámaslle "ladilla"... non sei como será o teu futuro profesional cando nin chegues a ser socio...

D.Manuel, foi ministro con Franco...e iso xa di moito.!!!! (e logo está o tema dos carrexos de votos...q todos coñecemos ben...-asi gaño ata eu-)

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: