Manuel Parga, do BNG, pídelle ao Goberno que tome medidas para que Fomento respecte a denominación dos lugares do país.
A praia de Augas Santas aparece como "Playa de las Catedrales"
O grupo parlamentario do BNG pediulle á Xunta que interveña no que considera unha “falta de respecto” da toponimia do país por parte do Ministerio de Fomento. O deputado Manuel Parga denunciou que na sinalización do tramo galego da A8 aberto hai uns días aparecen formas castelanizadas.
Parga lembra que a Cámara aprobou por unanimidade o compromiso de garantir o uso dos topónimos oficiais e de galeguizar as indicacións da rede viaria do país. Segundo o parlamentario, o uso das formas castelás non se debe a un simple erro, senón a “unha actitude inaceptábel por parte do Ministerio”.
Por iso, o BNG interésase por coñecer a opinión do Goberno sobre o comportamento de Fomento e se coñece a situación concreta dese tramo da Autovía do Cantábrico, entre Ribadeo e Reinante. Ademais, pregunta polas actuacións que vai levar a cabo a Xunta para que se restabeleza a legalidade lingüística nas sinalizacións do Ministerio.
Sen prexuízo de calquera actuación amigábel entre a Xunta da Galiza e o Ministerio de Fomento, a Xunta debe requirir a Fomento para que mude os indicadores ilegais, e se absteña de por outros no futuro...e, caso de inobservancia, recurso contencioso-administrativo.
Pois anda que auga! non será melhor empregar água
A Junta "pidelle" ao Governo para que "respecte" a denominaçom dos lugares do país.
A Junta pede e reclama contra "unha actitude inaceptábel do Ministério". Com que direito a junta pede alguma coisa se é a primeira a agir contra a política linguística da Galiza? É a passar os topónimos que possuam "J" e "G" para "X" que a situaçom fica normalizada?!