Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O lucense Xesús Lence

Catro anos de cadea para o dono de Leite Río por un delito ambiental

O 1 de setembro de 1999 detectouse un vertido no Tórdea, que lle causou a morte a tres milleiros de peixes.

Redacción - 20:00 24/05/2007

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo condenou a catro anos de prisión o empresario lácteo e administrador único de Leite Río S.L., Xesús Lence, como autor dun delito contra o medio.

O fallo xudicial contempla tamén a inhabilitación do empresario durante tres anos para exercer como administrador mercantil, e terá que facer fronte a unha multa de 24 meses a razón de 300 euros diarios e a unha indemnización de 24.000 euros.

Tres milleiros de peixes mortos

Lence foi xulgado o pasado 17 de marzo por un delito ecolóxico como máximo responsábel dun vertido no río Tórdea ao seu paso polo Corgo, que ocasionou a morte dunhas 3.000 exemplares de peixes; 1.526 troitas, 1.471 bogas e tres anguías.

Os feitos remóntanse ao 1 de setembro de 1999 cando axentes da delegación provincial de Medio Ambiente e, ao día seguinte, membros do Seprona da Garda Civil, constataron unha grande mortaldade de fauna piscícola nas augas do Río Tórdea como consecuencia dun vertido realizado dende a empresa de Xesús Lence. Este xa anunciou que recorrerá a sentenza no Tribunal Supremo.


4.91/5 (11 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: