PSdeG, PPdeG e BNG obtiveron 11, 10 e 6 concelleiros respectivamente.
As cómodas maiorías dos socialistas na cidade herculina pasaron á historia. Xavier Losada non foi quen de atraer o voto conservador que tiña cada comicio Paco Vázquez. O PSdeG deixou no camiño tres concelleiros que pasaron á dereita. O BNG de Henrique Tello, que repite resultados, é o socio necesario de Losada.
Losada dirixiuse á militancia afirmando que eran a "forza máis votada" pero a preocupación era máis que evidente no rostro dos militantes coruñeses. Nas últimas consultas non deixa de desinflarse o electorado socialista. O PSdeG coruñés terá que aparcar o seu discurso "anti-galeguista" e amoldarse aos nacionalistas.
O conservador Carlos Negreira logrou un dos mellores resultados históricos do PP na cidade. Pola súa parte, o Partido Galeguista de Carlos Marco e Cor.Co.Ba quedan fóra da corporación, tal e como se agardaba.
Menuda papeleta tocoulle a Losada, co PP non vai pactar pois no lle van deixar dende a dirección do partido e os cidadans non o entenderían, e co BNG o fará a regañadentes, tamén moitos sapos terá que tragarse Tello para gobernar man a man con Losada ao que tanto denostaba e insultaba, quizas agora vexamos subir a Tello no ascensor panorámico de San Pedro, será unha foto histórica. O peor será que non se leven ven e vexamos unha cidade desgobernada e paralizada durante a lo menos catro anos, como pasou en Vigo.
Anxo non é para tanto, en Ferrol cada lexislatura temos un alcalde distinto e a cidade non se paraliza, os proxectos son penosos pero vanse facendo cousas. Polo menos non creo que se volva a ver o de "Ayuntamiento de La Coruña" porque o BNG non o aceptara.
Primeira duas medidas :
- retirarem o "LA" ilegal e que tanto dinheiro leva custado aos cidadãos da Corunha
- retirarem o "farrapinho" da praia do Orçám, que tanto dinheiro em escolta permanente lhes custa aos cidadãos
Como se nota Xarope que non vas por Cruña. O da escolta só foi con Paco Vazquez. Agora xa non hai escolta. Hai dúas bandeiras. A de aquí e a de mais alá. E ninguén anda con mistos acendidos polo Orzán. Estamos moi curtidos. Co Deportivo vivímolo "case todo"
Que llo pensen ben e pongan o termo A Cruña. Está moi documentado que en galego se escribe así.
http://www.estudioshistoricos.com/articulo/fmt/fmt_01.htm
(Federico Maciñeira Teijeiro)
Digo eu que Henrique non se vai a cargar o tranvía nin a "arielita". Aínda que podía facer que convertesen o tranvía nun metro lixeiro rápido. Vai ser entretido velos pactar.
Losada pasouse de sobrado e cando un llo cre todo, pásalle o que lle pasou ao PP nas últimas xerais.
Lunet xa sei que non é para tanto, xa dixen no peor dos casos o que podería pasar e que a cidade se paralizase como pasa en Vigo, e non creo que Ferrol sexa un bo exemplo de avances con distintos gobernos de coalición. Eu non digo que sexan malas a coalicións de feito non me amola que Losada perdese a maioria absoluta, o que me amola e que non haxa dous partidos que se entendan é Losada e Tello teñen proxectos distintos, exemplos mentras un quere por en marcha un proxecto do anterior alcalde como o ascensor no que se gastaron miles de cartos o outro quere gastar miles de cartos en quitalo, mentres un quere unha estación intermodal en San Cristobo co AVE o outro quere a intermodal en San Diego sen AVE, ou con AVE con entrada polas Xubias ca oposición dos veciños das Xubias, mentras un apoia ao Deportivo cedendolle os baixos do estadio e o estadio por un euro anual, máis os beneficios do Teresa Herrera o outro quere subvencionar a unha Sociedade Anónima Deportiva, e así miles de cousas distintas.
E xarope espero que a Tello non se lle ocorra cambiar todos os La Coruña por A Coruña, eso si levaría a ruina a cidade, sabes canto custaría cambiar todas as papeleiras, colectores, carteis, sinais, papeis, etc., creo que quedaríamos sen orzamento. E ponte ao día nesta cidade estamos fartos de historias de bandeiras e aí estan as duas sen escolta algunha, sinxelamente o que se protestaba era a forma na que se puxo.
Penso que Losada pode ser un bo dialogante para entenderse con Tello, ainda que non sexa do seu gusto, pero Tello terase que tragar moitas cousas das que dixo para pactar co PSG-PSOE.
Barcelos, estos puristas xa se saben prefiren rifar por un L que polo verdadeiro nome en galego, o mesmo nos pasa con Acea da Má, a xente xa non sabe como se denomina cambiaronlle tantas veces o nome, o mesmo que Alvedro, ninguén vaille poñer o B, nin ao Mesón do Vento tampouco ninguén lle pon o B, así moitos máis, primeiro que se decidan a poñer os nomes en galego tal e como son e logo se fai falla, xa se trocara o que haxa que trocar.