Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Delitos contra o patrimonio en Toques

O fiscal denuncia dúas obras ilegais situadas preto dun xacemento arqueolóxico

Dous promotores edificaron unha vivenda e unha nave agrícola en solo protexido dun xacemento da Idade do Bronce.

Redacción - 17:40 28/05/2007

A fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza interpuxo senllas denuncias no Xulgado de Instrución de Arzúa contra dous promotores por edificaren nun terreo rústico do concello de Toques. Están acusados de delitos contra o patrimonio histórico e contra a ordenación do territorio.

As denuncias presentadas polo fiscal Antonio Roma Valdés indican que a promotora A. I. V. P. levantou no lugar de Requeán-Bragaña unha vivenda unifamiliar en maio de 2005. Posteriormente, o promotor B. P. L. construíu no mesmo lugar unha nave agrícola e gandeira.

O fiscal sostén que as edificacións foron construídas en solo rústico de protección do xacemento calcolítico de Bronce de Requeán, que forma parte do catálogo de depósitos da Xunta. Segundo a denuncia, a clasificación do terreo esixe que exista licenza municipal, da que carecen ambas as dúas obras.


4.33/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: