Desde o PSdeG, Orozco, Caballero, Bugallo, Rodríguez ou Irisarri non tardaron en facer chamadas ao pacto co BNG desde as súas cidades. A excepción, Losada na Coruña.
Déronse presa a maioría de candidatos do PSdeG aos que as sumas lles garantirían o acceso á alcaldía en subliñar que a vontade expresada polos cidadáns é a necesidade de procuraren pactos. Abel Caballero en Vigo, Xosé Antón Sánchez Bugallo en Santiago ou Francisco Rodríguez en Ourense foron dos que máis axiña trasladaron a mensaxe pública ao BNG sobre o pacto posíbel. En Ferrol, Vicente Irisarri, e malia a que os resultados lle permitirían especular coa busca dun goberno a dous con Esquerda Unida, recoñeceu valorar tamén a negociación cos nacionalistas.
Ao respecto tamén se pronunciou Xosé Clemente López Orozco, a quen os cidadáns acaban de quitarlle a beizón da maioría absoluta. Orozco recoñeceu que a primeira prioridade sería a recuperación dun pacto similar ao xa asinado en 1999. Con todo, e despois dunha campaña electoral con fortes enfrontamentos cos nacionalistas, e especialmente co cabeza de lista do Bloque lugués, Xosé Anxo Laxe, Orozco advertiu que "o pacto polo pacto non ten sentido" e non deixou de especular cun achegamento cara ao PPdeG, do que dixo estar seguro que será posíbel o entendemento en moitas ocasións ao longo do próximo mandato.
A excepción coruñesa Cun ex alcalde metido a diplomático, as diplomacias semellan paradoxais por terras herculinas, onde desde o Vaticano xa chegou a recomendación do ex rexedor e mentor do alcalde en funcións e candidato socialista, Xavier Losada. Así, segundo Francisco Vázquez: "hai que pactar co PP".
Desde o PP coruñés, o propio candidato Carlos Negreira facía mención da recomendación vazquiana e pedíalle á dirección socialista que teña en conta esa proposta. Negreira falou en favor de que o PSdeG coruñés debera desmarcarse dun pacto global dos socialistas co nacionalismo no resto de Galiza. Ao respecto, insinuou unha certa vontade de apoiar que a lista máis votada, neste caso a socialista, e facilitar un goberno en minoría de Losada ao que lle garante diálogo nos grandes temas "de interese para a cidade".
Claro por que en Vigo, Ourense e Santiago se apresuraron a pactar co BNG, como que o PSdG-PSOE non é a forza máis votada en ningunha delas, pero en Lugo e A Coruña si o son e non necesitan de pactos, poden gobernar, ou ben xunto con outro partido, ou ben en solitario con apoios puntuais. En A Coruña, coma sempre Tello botou as campás ao voo antes de tempo, xa se veia gobernando, e en política non che é todo así de sinxelo, e agora dí que os electores (que saberá el o que pensan todos os electores) lle quitaron a maioria para que pactase co BNG, pois que eu saiba os que lle quitaron a maioría a Losada non foron a votar a Tello senón a Negreira. Losada non e parvo e sabe moi ben que donde pode rabuñar votantes e no PP non do BNG que perde votos ainda que manteña o mesmo número de concelleiros, así que polo seu futuro e o do partido o máis probable e que goberne en solitario con apoios puntuais do PP ao que lle fará algún chisco de ollos para engatusar ao seu electorado, nin máis nin menos, e Tello terá que roelas de novo coma sempre.
E por que non pacta Tello con Negreira e quítanlle a alcaldía a Losada.
Cousas peores víronse. Á fin e ao cabo nin o Bloque é o demo nin o PP a Santa Compaña.
Xa dixo Tello que non, él so pactaba con xente nacionalista ou de esquerdas.
Pero o que lle pasa a Tello e o mesmo que a Rajoy son tan monotemáticos e crispan tanto que xa non teñen con quen pactar.
Así que si non pactan con él o veremos chorando polas esquinas laiándose, e cando vexa que ninguén lle fai caso, voltará co tema do L, ou o do ascensor panorámico.
Quando um partido ou um indivíduo se encista no poder durante muito tempo as gavetas estão sempre sujas. Seria muito negativo que só o PSOE continuasse no governo municipal. Há que entrar nos gabinetes e limpar as gavetas de papéis, requalificações urbanas e números estranhos, no qual se perdem os dous primeiros anos (veja-se a Xunta actual). Dous partidos rivais compartilhando poder fiscalizam-se mutuamente (polo menos ao começo; depois tapam-se as vergonhas). É isso a que não está disposto Javier Losada, herdeiro directo da maquinaria de Paco Vázquez. À falta de maioria absoluta, a questão do eleitorado é secundária, porque sem Vázquez esse eleitorado já voltou para o seu lugar natural, que é o PP. Eu duvido que um pacto PSOE-BNG fizesse perder mais votos ao PSOE.
De maneira que, na Corunha, para a "limpeza democrática" seria mais positivo um pacto PSOE-PP, com entrada do PP no governo, do que um PSOE ainda em solitário. De facto, o mais positivo seria que os dous se fundissem um só partido e deixassem de confundir.
Córcholis, que rápido apanham as ideias de fusão de partidos esta gente! Ide para esta página e reparade onde põe "ALCALDE PROBABLE: Javier Losada, PP" ;-) . Ai, esse subconsciente!
http://www.lavozdegalicia.es/especiales/2007/elecciones/coruna.jsp
Tes razón Celso. Na Cruña non hai xente do PSOE, hai xente do PP e do PV (Paco Vazquez)
Varias persoas que coñezo que antes eran simpatizantes do PSOE non tragan a Zapatero e prefiren a Rajoy.
Logo están os do Bloque. Sobre todo nos barrios. E hai uns cantos monicacos que se queren a se mesmos e están apoiados por algún que outro empresario, pero non os quere nin deus: Corcoba (coruñeses con bebidas alcoholicas), Marcos (e molduras)...
Celso: Vese que leu os meus comentarios en Vieiros e en lugar de dimitir cambiou de Partido.