"Na Galiza hoxe hai varios grupos, independentes entre si, golpeando o inimigo na mesma dirección. A isto vén chamándoselle Resistencia Galega", afirma Osbaldo Brea na conversa publicada por Galicia Confidencial.
"Galiciaconfidencial publica en exclusiva unha entrevista con Osbaldo Brea, membro de Resistencia Galega. Trátase do primeiro contacto cos medios despois das accións violentas destes independentistas nos últimos meses. Na conversa Brea asegura que Resitencia Galega está formada por varios grupos autónomos".
Poden ler o documento aquí.
"Para os españois todo é terrorismo, até poñer unha pegata cun cóctel molotov debuxado"
Nom é terrorismo, por certo, mas qual a ideia de andares a botar colantes nas paredes com cocktails molotov? Se queres passar umha mensagem fa-lo com cabeça e nom com infantilidade.
Antes de chegar á violencia non sería mellor esgota-las vías pacíficas como fixo o señor Mandela?
Este que vai de filósofo pola vida. Xa claro seguramente ata lle parece divertido, é un infantil, os problemas non se resolven poñendo cócteles molotov, e que pasaría se un día cun cóctel ou unha das súas estúpidas ocurrencias matan a alguén. Como lle chamaría?
pois é posibel que non se solucionen cousas pondo cócteles molotov, pero o que parece claro e que cunha aviación coma a israelí e con boa infantería coma a de hizbullah solucionanse máis cousas que ca rapsodia de zapatero. e si non é certo, a ver que carallo facemos cos exercitos estes que xa soio serven para axudarlle a velliña a cruzala rúa en betanzos. en fín, todo este debate falso acerca da violencia e da non violencia, do puro e do impuro, do limpo e do sucio non é máis que a lavativa kissinger para culpabilizar e amodorrar o persoal. non sei moi ben quen son estes fulanos, si van en serio eu si están pagados polo meu tocaio para asustar as monxas e os militantes máis acomodados e acostumados a alfombras mullidas, pero si van en serio, si realmente hai grupos mínimamente organizados e con capacidade operativa para esta resistencia, benvido sexa. anque soio sirva para recordarlles os quintanas e compañía que eles non son o fin, que a consellería, que o despacho impoluto non son o fin, que todos nos somos soio medios, medios para sair adiante nesta nosa terra, neste noso país. e xa que temos selección galega de fútbol, televisión galega, sanidade galega e até blogsfera galaica, está ben que alguén poña unha pedra para fundar ( eu refundar ) un exercito noso, que a mín o da cabra no me representa.
Lin a entrevista de "Nonsequen" con Osvaldo e cheguei ás seguintes conclusións:
1.- O entrevistador parece idiota ou nos toma por bobos. Quérenos facer crer que se está xogando a vida entrevistando a un personaxe famoso, coma se fose Zapata ou o Ché.
Por outra banda quéixase de que os xornalistas róubanlle o protagonismo e iso que non asina a súa entrevista, supoño que para facernos crer que é por cuestións de seguridade.
Ten medo de que Osvaldo lle pique as rodas do coche ou lle crave unha bandeira galega no peito.
2.- De Osvaldo mellor non dicir nada bon. Xa o di el todo. Abúrrese e gústalle foder aos demais e se ademais colócanlle cualificativos de resistencia galega, pois mellor para el.
Pero Resistencia galega somos os demais que aguantamos aos políticos e aos delincuentes comúns e pouco comúns como este. Parécese máis a Billy o Neno que a un guerrilleiro.
3.º e último, o mellor que se pode facer é ignoralos e criticar os seus actos. En todos os barrios das cidades galegas hai cuadrillas de vándalos que se apuntarían a facer salvaxadas e se ademais ponlles a medalla de heroes pois isto xa non terá fin. Será unha copia dos "quemacoches" franceses.
A Osvaldo seguro que non lle gustaría que lle fixesen dano ao bar ou ao coche dos seus pais.
Pois as veces alguén remata tirando pedras contra o propio tellado.
"Non fagas aos demais o que non queiras que che fagan a ti" (Ghandi, Cristo, Martin Lutero King, Nelson Mandela, Teresa de Calcuta, eu...)
Os cazadores negocian un seguro que cubra os accidentes de tráfico con especies cinexéticas
Edición xeral
"Vexo con moita preocupación o futuro dos indios, dos illados, dos non illados, e tamén o noso"
Edición xeral
En outono dará comezo o trámite para a creación do Parque Natural de Pena Trevinca
Canal Verde