Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
Bitácoras electorais

'Espontáneo' apoio cidadán a Carlos Marcos

Un blog creado para apoiar o candidato do Partido Galeguista na Coruña acabouse volvendo contra el.

Redacción - 13:45 30/05/2007
Blog de apoio a Carlos Marcos

Blog de apoio a Carlos Marcos

O Partido Galeguista non conseguiu representación na corporación municipal da Coruña. O seu polémico candidato, Carlos Marcos, levou a cabo unha intensa campaña -e precampaña- electoral que tamén aproveitou as novidosas posibilidades da rede, coa creación dun suposto blog de apoio cidadán que resultou ser obra do mesmo partido.

O blog, titulado A nosotros tb. nos gusta Coruña: Carlos Marcos, los coruñeses estamos contigo e asinado por Ciudadanos de La Coruña, só chegou a ter publicada unha entrada, a primeira, do 3 de marzo. Nela, asegúrase que a bitácora se creou por un grupo de cidadáns independentes, fartos de máis do mesmo, sen interese persoal e que decidiu darlle o seu apoio á única “alternativa novidosa” de cara aos comicios locais.

Pero xa no primeiro comentario se descobre quen é o auténtico artífice da bitácora. Coa mesma sinatura de Ciudadanos de La Coruña, o propio Carlos Marcos agradece o espontáneo apoio n cidadán pola creación do blog. O resto dos comentarios, a partir de aí, divídese, case a partes iguais, entre partidarios e detractores. Hai, tamén, algúns textos que foron eliminados polo administrador, probabelmente parte do segundo grupo.

Como contrapunto a este blog xurdiu outro que, é de supoñer, pretende parodiar o anterior e que tivo unha vida máis longa. Titulado Coruñeses por Carlos Marcos, por un coruñesismo de bien, ofrece artigos tan interesantes como El nombre de nuestra ciudad, El galleguismo bien entendido ou Los que hacen política con el odio.


1/5 (1 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: