Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O seu funcionamento "en menos tempo", dille a Vieiros

Francisco Rodríguez: "En catro anos poderiamos rendibilizar unha compañía ferroviaria propia"

O voceiro do BNG no parlamento español defende a posta en marcha dun tren de proximidade, de competencia da Xunta e adaptado ás necesidades do país.

FAA - 13:29 31/05/2007
Francisco Rodriguez, nunha intervención no parlamento español, este xoves

Francisco Rodriguez, nunha intervención no parlamento español, este xoves

O deputado nacionalista e voceiro do BNG no parlamento español Francisco Rodríguez, preguntoulle á ministra de Fomento, Magdalena Álvarez, polos problemas de modernización da infraestrutura ferroviaria en Galiza, así como polo trazado do AVE da Meseta ao seu paso pola mina de Serrabal.

O ministerio confirmou que o tren de alta velocidade manterá o seu trazado pola explotación mineira, o que evitará posíbeis atrasos. No entanto, no que respecta ao estado da rede ferroviaria galega, Álvarez cinguiuse aos AVEs que unirán as cidades galegas, máis non fixo referencia aos traxectos de proximidade, que contan cun servizo anticuado e irregular.

Francisco Rodríguez advertiulle que de non mudar a actitude de Renfe con respecto a Galiza, o BNG impulsará unha compañía propia, que vertebre territorialmente o país. Neste mesmo senso, xa se pronunciara o vicepresidente do Goberno, Anxo Quintana, quen denunciou que "nas conexións locais é onde se ven de forma máis evidente as carencias do carácter centralista do sistema ferroviario español".

Vieiros: Que carencias ten a rede ferroviaria galega?

Francisco Rodríguez: A Xunta está a pagar 3.600.000 euros anuais polos servizos prestados polo Adif (Administrador de Infraestruturas Ferroviarias) en media ducia de liñas, tal como A Coruña-Ferrol, A Coruña-Monforte, Ourense-Lubián, sen apenas uso, que funcionan fatal, con malos horarios e que teñen trens moi antigos. En catro anos poderíase rendibilizar este gasto, e pór en marcha unha rede pensada dende Galiza para Galiza, con trens modernos na que a Xunta asumise a responsabilidade da súa xestión.

V: De que xeito?

F.R: O BNG é partidario de pór en marcha unha compañía ferroviaria galega que se encargaría desta xestión. Para isto habería que negociar co Adif o pago dun canon de 2.000 millóns de pesetas (12 millóns de euros), que, como digo, en catro anos pode estar rendibilizado e permitiríalle a Galiza contar cun ente de seu. Sería máis un investimento que un gasto. No entanto, a súa posta en funcionamento levaría moito menos tempo.

V: Pode a Xunta asumir esas competencias?

F.R: Pode, ao igual que as compañías de trens de proximidade que xa funcionan en Cataluña ou Valencia, ou en Euskadi co Euskotren. O BNG quere impulsar unha lei no Parlamento que permita materializar isto.

V: O Estado, o Adif, aceptará?

F.R: Haino que negociar, mais é probábel que estean máis que dispostos a prescindir destes servizos que non son quen de xestionar, mais a decisión pode ser tomada unilateralmente pola Xunta. O que cómpre é vontade política.

V: Hai esa vontade política no PSdeG e no PPdeG?

F.R: O PSdeG é posíbel que lle poña impedimentos a creación dunha compañía ferroviaria galega. O PPdeG non, porque está na oposición.


4.75/5 (20 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: