Bastida, que leva seis días preso logo das protestas contra Reganosa, terá que seguir no penal de Teixeiro
Un xulgado ferrolán ratificou este martes a prisión sen fianza para Bernardo Bastida, patrón maior da Confraría de Ferrol, encadeado logo das protestas dos mariñeiros contra a planta de Reganosa. Bastida entregoulle un papel manuscrito ao seu avogado no cal mostraba a súa intención de comezar unha folga de fame indefinida ao considerarse "preso político".
A xustiza acusa a Bastida, que está no penal de Teixeiro dende o pasado 30 de maio, de desobediencia á autoridade, ameazas, coaccións e desordes públicas. Bastida encabezou o bloqueo do 29 de maio que impediu a entrada do metaneiro “Mourada Didouche”.
Desde o Comité de Emerxencia achégannos a declaración manuscrita de Bastida:
"Bernardo Bastida Sixto, P.M. Da Confraría de Pescadores de Ferrol
Declaro o seguinte:
1º.- Que non matei nin a 1 nin a 20 persoas.
2º.- Que non baleirei as arcas de ningún municipio nin entidade algunha.
3º.- Que o único delito que cometín foi o de cumprir co meu papel de Patrón Maior e respetar as decisións tomadas en Asemblea. 4º.- Que me considero un preso político e evidentemente, perseguido pola administración ao servizo non do pobo, senón doutros intereses.
5º.- Que non cometín ningún dos delitos dos que se me acusa, polo que non se pode xogar coa liberdade dunha persoa.
6º.- Agradecer de todo corazón o apoio recibido de todos.
Ante isto e desde o día de hoxe, en contra dos meus desexos, como protesta e non como presión, declárome en folga de fame indefinida. É unha medida non grata, pero por desgracia non me deixan outra alternativa"
ten razón este home. a administración non se topa o servicio dos cidadáns, se non que todos somos reféns de ese poder omnímodo e opresor que configura o aparataxe estatal.
ahora, merced as movilizacións e os pequenos ecos que estas acadaron nos medios, podemos atisbalo burato, o grosor da desfeita dunha administración que promoveu e axilizou, no medio dun secretismo que non pode por menos que tildarse de alevoso, a instalación dunha infraestructura en tempo e lugar indebidos e que nos costou os cidadáns ( e nos seguirá costanto, e espero que non en materia de vidas se non soio de facenda ) xa unha boa chea do diñeiro dos nosos impostos para ser engulidos no altar do librecomercio e do futuro industrial de galiza. unha administración que, ahora con outro talante ( non en vano desapareceron pita e diz guedes, auténticos caras de can con ollo vidroso e baba insolente, os que espero que non acabe facendo bos ameitjeiras ), desmárcase decindo que sí, que as cousas non se fixeron ben, pero que se lle vai facer, ahora xa está o asunto feito... e logo, dónde estaban estes antes? estaban ocupados traballando nunha zanxa ou pastando as vacas na vacariza? ou é que a eles tamén lles achegaron algún cacho de chourizo?
é unha vergoña que ahora eses poderes que xogaron ca saúde e ca renta de toda esta xentiña ( votantes e contribuintes, no argot político )se revolvan a dar coletazos e enchironen o patrón da confradía por facer o que estes botarates foron incapaces de facer: defendela ría e os intereses dos habitantes de ferrol frente o capital especulativo. non quero imaxinar canto falarían os medios do polanco de esto e canto corearían o ministro de exteriores e a sin par vicepresidenta do executivo sito na capital da estepa, si estes feitos tivesen sucedidos nos feudos de hugo chávez.
Así dende logo que non imos cara a ningures.O Patron Maior Bastida, non cometeu máis delito que o de defender os intereses da súa Confraría, cousa que é lexítima e de Xustiza.Non se poden usar os medios represivos para favorecer os intereses dunha industria particular en contra de quenes levan toda unha vida ó redor dunha ría que é a súa fonte de ingresos.
¿5.000? Y luego hablan de las cifras que da el PP en sus manifestaciones...¡jajaja!
Por cierto, el patrón mayor de Ferrol puede considerar lo que quiera pero el hecho es que no puede haber impunidad para los sinvergüenzas que, en pos de reclamaciones propias, consideran que pueden hacer lo que les venga en gana.
Una pena que a este pájaro no le acompañen los de la huelga del naval. Y que se pongan a hacer todos huelga de hambre, que algunos buenas panzas lucían...hambre no pasan, no...
Isto é a democracia que nos dam! Como nom na conseguimos, dérom-no-la e assi nos vai. Todos somos Bastida
Recordo un dito que é: "se seguimos facendo o que vimos facendo, seguiremos a conseguir o que vimos conseguindo"; e así saen noticias coma esta. Onde vai a revolución prometida?
Quén é iste gaviotero-pepetero? Non fai máis ca botar esterco.
Sería bó chimpalo á ría de Ferrol...cando pasara o gaseiro.
estase a complicar isto de ferrol. a ver se é posible que as cousas se resolvan ben.
é triste comprobar que hai que armala para que as cousas funcionen. vigo, ferrol... pero así están as cousas, se hai que armala, pois ármase... se non que traballen ben dende o principio.
está claro que o gaviotero=troll. ou sexa= http://es.wikipedia.org/wiki/Troll_(Internet)
nin caso.
http://gl.wikipedia.org/wiki/Troll_(Internet)
atoladomonte,
Mellor esta ligazón, hou?
si, xacataca... mellor... hahaha!!! pero o caso é que un troll é un troll sexa no idioma que sexa... hahaha!!!
Gaviotinha!!!!!
Oes...que listo que es home!!...que gracia que tes!!!...
Como tes tanta cultura e tanto magnánimo saber....pq non vas ti a vivir a 100m de Reganosa?...
E como es tan culto e sabio, seguro que sabes de que vai o tema non?, a falta de medidas de seguridade que ten Reganosa que o converte nun atraco para a xente non?
E a que sabes q os gaseiros se teñen algún problema non poden maniobrar...non?
E a que tamén coñeces que soamente pode entrar cando está a pleamar?
E a que po-lo tanto sabes q se lhe pasa algo ten que agardar á seguinte pleamar pra poder sair????
E a que sabes que segundo a lei non pode existir unha planta gasistica tan preto das casas????
POIS SE SABES TODO ISO!!! PQ CARALLO NON VAS TI A VIVIR CUNHA BOMBA NA CASA!!!!
CALA XA HOME!!!
ESA XENTE DEFENDE O QUE O PP LHE METEU NA SUA CASA...DEFENDEN ATA A SUA VIDA!
ASI QUE VAITE TI A VIVIR A REGANOSA E CALA, BURRICÁN!
Un saúdo "ó sabio" paxariño,
Alguém sabe como lhe vai a este homem? Continua em greve de fome?
Si,Gaviotero:
"Por cierto, el patrón mayor de Ferrol puede considerar lo que quiera pero el hecho es que no puede haber impunidad para los sinvergüenzas que, en pos de reclamaciones propias, consideran que pueden hacer lo que les venga en gana"
A empresa de gas é a que fai o que lle dá a gana, co permiso da Xunta de Fraga. Esperemos que isto cambie e que non poidan pór a planta de gas na ría de Ferrol, co perigo que iso representa, como denuncian organizacións ecoloxistas, pescadores e xente de todo tipo no Ferrol.
Ollo non vaia ser que a planta de gas se vaia para Xixón, que ó parecer é o que defende IU, para colocar á xente da redonda.
Coido que debe quedar en Ferrol no lugar adecuado, e coas medidas oportunas que garantan a seguridade das xentes do entorno, e a viabilidade de os mariscadores poder faenar sen que perdan o seu medio de vida, ou ben garantirlles un medio de vida digno, que faga que non perdan sequer un céntimo de euro.