Cultura autoriza os traballos logo de documentar durante dous anos os restos
A Consellaría de Obras Públicas reanudou esta semana as obras da autovía Ferrol-Vilalba que afectaban aos restos do círculo lítico da Mourela, no concello das Pontes. Cultura autorizou os traballos logo de documentar durante dous anos os restos e tras recibir un informe de Obras Públicas no que se desestimaba un posíbel cambio de trazado. Porén, a Dirección Xeral de Patrimonio mantén a protección sobre tres mámoas e tamén supervisará as obras por se aparecesen novos xacementos.
Dende Cultura explican que o círculo lítico da Mourela xa foi desmantelado hai moitos anos. Naquela ocasión empregouse a pedra para as obras da antiga estrada. En xullo de 2005 comezou unha escavación dirixida polo catedrático da USC Ramón Fábregas. Nos traballos colaboraron trinta técnicos.
Os informes revelan que o círculo xa non existia como tal
O informe técnico revela que os círculo lítico da Mourela xa non existía como tal e tan só quedaban improntas dalgunhas daquelas pedras. Porén, tamén se atoparon materiais asociados a unha construción medieval posterior. Os restos (cerámica e algún material lítico) están depositados no Concello das Pontes, á espera de ser expostos ao público este mesmo ano.
O estudo tamén aclara que o resto de xacementos arqueolóxicos localizados nesa área tan só están afectados en parte pola autovía Ferrol-Vilalba. Cultura tomou as medidas necesarias para que estes restos non se vexan afectados polo trazado.
Dende a Consellaria de Cultura tamén aseguran que se dirixiron a Política Territorial o pasado 23 de abril para ver a posibilidade de variar o trazado ou executar un túnel nesa zona da autovía. Segundo as mesmas fontes, Política Territorial remitiu o pasado día 4 de xuño unha resposta na que se sinalaba a imposibilidade do cambio por razóns técnicas e orzamentarias. Cultura anuncia que haberá arqueólogos deste departamento supervisando as obras in situ.
pasaron as eleccións, chega o momento de utilizar de novo o pau
Pois que bem! Ouvira dizer que o nosso património arqueológico era umha grande cousa que havia que defender como fosse.
Non sei os custes de desviar ese vial pero fartámonos de escoitar que hai que revitalizar as aldeas e non sabemos aproveitar un xacemento coma este, un engado único para o turismo de calidade e esnaquizámolo. Poucas luces. Facendo a política de sempre pasará que a xente non irá votar e gañanrán outra vez os malos coñecidos.