Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Municipais07

Xestionado por Vieiros
RSS de Municipais07
Complicado pacto na cidade

Orozco tensa a corda en Lugo

Despois de insinuar mesmo o posíbel abandono do partido, o alcalde Xosé Clemente López Orozco protagoniza as negociacións máis difíciles entre PSdeG e BNG.

Redacción / EP - 09:00 07/06/2007

A perspectiva de incrementar significativamente a maioría absoluta que as sondaxes prognosticaban, traducida finalmente o 27M en perda desa absoluta e necesidade da recuperación do pacto local, está complicando as negociacións en Lugo.

PSdeG e BNG tiveron este mércores unha nova reunión onde a figura dos tenentes de alcalde abrollou outra vez como obstáculo importante. Desde o Bloque insisten na necesidade de que alén de que "alcalde só ten que haber un", tal e como sinalan os socialistas, "ten que quedar claro que hai un número un e tamén un número dous, con competencia executiva, orzamentaria e noutras áreas". As dúas formacións están seguras de que malia todo cara á fin de semana estará listo o acordo marco. De momento, a maior resistencia a estabelecer un goberno de coalición é a do rexedor lugués, Xosé Clemente López Orozco.

Desde o BNG lugués, o candidato nacionalista, Xosé Anxo Lage, laiouse do "nerviosismo" amosado polos socialistas na cidade e afirmou que "non entenderon o resultado das eleccións". "Hai que saber aceptar os resultados das eleccións co maior grao de responsabilidade", dixo Lage, quen asegurou non ter presa por acelerar a negociación.


3.9/5 (10 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: