Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Estudo da Secretaría de Análise e Proxección

Máis do 40% de pais e mestres opinan que a educación foi a peor nos últimos anos

División de opinión a pé das aulas, onde unha elevada porcentaxe do profesorado pensa que a situación se deteriorou nos últimos tempos.

Redacción - 13:30 07/06/2007

Até o 44% do profesorado do Ensino Secundario avalía que a situación da educación en Galiza é agora algo ou moito peor do que era hai uns anos. En xeral os pais dos cativos aparecen máis optimistas que os docentes, e no treito de Infantil e Primaria até un 45,8% pensan que a situación mellororu bastante, porcentaxe que chega ao 46% entre os pais de rapaces que cursan Secundaria. Entre os mestres de Primaria, un 40,3% é optimista sobre esa evolución. De xeito xeral os pais de rapaces de entre 6 e 12 anos son máis críticos co sistema educativo do que o son os mestres desa etapa. Pola contra, na ESO son os profesores os máis críticos, fronte a unha visión máis optimista dos proxenitores.

Do informe tamén se extrae a opinión negativa sobre as reformas impulsadas na Ley Orgánica de Educación, LOE, á que o 45,1% do profesorado cualifica positivamente fronte a un 38,2% que a considera pouco axeitada para os requirimentos do contorno educativo galego. En xeral, o profesorado é máis crítico coa situación concreta dos plans do estudos do que o son os pais e nais. O profesorado subliña tamén a falta de comunicación co pais dos rapaces, preocupación que é menor por parte destes.

O estudo é froito de case catro mil entrevistas realizadas a pais e profesores de todos os niveis educativos e inclúe alumnos de Bacharelato e Universidade.


4/5 (1 votos)


Comentarios (3)

ecoe #1 7/Xuño/2007 ecoe

Plans de estudos sucesivamente piores e derradeiramente partidistas, investimentos minguantes (nomeadamente máis altos na privada), ideoloxización e descarada confesionalidade (como no resto das institucións €$tatais), falta de control das inspeccións, excesivo librotextismo a beneficio grandes editoras...

grueiro #2 7/Xuño/2007 grueiro

ecoe, non fas máis que demagoxia. os investimentos soben, non baixan. A privada non recibe máis, recibe menos. A confesionalidade ou non é un tema tanxencial. As inspeccións son burocráticas e só poden ser burocráticas porque estamos instalados na burocracia. O librotextismo é no único que creo que tes razón, pero se se benefician ou non as editoriais que carallo importa. O importante os nenos!!!. Sacamos o CD e poñemos pista 3: ensino público e de calidade!!

ecoe #3 7/Xuño/2007 ecoe

As calas sinaladas conforman a historicidade do ensino e a sua falta de valor para a maioría da sociedade, polo que sinalan a sua función ideolóxica.

Agora que vostede pode defender a privatización. Alá vostede mesmo. Ademáis desminte vostede as noticias sobre o ensino.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: