Entre os xigantes da rede, Google é a que menos coida o uso dos datos persoais. Os seus novos mapas publican fotos de mulleres tomando o sol.
Unhas das imaxes que se poden ver en Street View / Foto: Google
A protección de datos dos usuarios de Google é “vaga” e “incompleta”, a peor entre todas as grandes compañías de internet. Esta é unha das conclusións do estudio sobre privacidade que acaba de publicar Privacy International, unha veterana organización de defensa da intimidade dos cidadáns.
Fotos de mulleres tomando o sol
Como exemplo de malas prácticas o informe sinala os novo rueiro virtual de Google Street Level View. Esta aplicación permite ver no computador as rúas das cidades, pero tamén ás persoas que estaban cando as fotos que forman o mapa foron tomadas, por exemplo, mulleres tomando o sol no parque.
Pero non é só Google a única compañía que sae mal parada. As prácticas de AOL, Apple, Facebook, Hi5, Reunion, Windows Live Space e Yahoo tamén supoñen unha “ameaza substancial e en numerosos campos á privacidade”.
A Wikipedia, LiveJournal, Last.fm, eBay e a BBC son as únicas entre as 24 firmas analizadas que logran un aprobado.
Ante a publicación do informe, Google acusou á Privacy International de equivocarse xa que a protección da intimidade é unha das súas principais preocupacións. Privace International, fundada hai 17 anos e con membros en 40 países, asegura que investiu seis meses de traballo no informe.
Menos mal que os de Vieiros non publicaron esta foto e non fixeron malas prácticas.
Pero que intimidade ¡carallo! Se están nun parque público e levan bikini. E non se lles ve a cara. Nin o cu.
Estes estadounidenses como son, invasión da intimidade, pero se estas nun parque público onde te ve todo o mundo, quen está a violar a tua intimidade, a violarían se che estivisen vendo pola fiestra da tua casa, pero se non queres que te vexan non te poñas nun lugar público. Pero non me estraña un día un estadounidense contoume que había un grande debate no seu pais, incluso plataformas porque lles obligaban a poñer o cinto de seguridade e eso violaba as súas libertades porque era unha decisión personal que ninguén te tiña que impoñer. Así que imos pensar dunha sociedade loite contra estas estupideces e non con facer unha guerra baseada en mentiras e con fins económicos.
A vós já vi que nom vos importaréis de ver o cú da vossa mulher a rolar na net....
Síntoo de verás. Non sabía que unha delas era a túa muller. E que facía tomando o sol nun parque público en USA?
Nom seja criança...
Eu nom insultei ninguém, apenas constatei um facto. A sua resposta revela imaturidade e incapacidade para compreender onde eu queria chegar.
Lamento estar a lidar com meninos que nom sabem estar...
Aquí ninguén insultou a ninguén. Chamarme criança é unha gabanza.
Non dixeches onde querías chegar. Supoño que non che descubriron as cámaras, mentres intentabas chegar.
Se cadra queres dicir que non debería haber cámaras en sitios públicos.
Se fósemos civilizados non serían necesarias, pero algúns non somos civilizados.
Ata cando puxeron na Tele a Sergio Ramos mexando na rúa, dubido moito que violasen a súa intimidade, aínda que admito que foi unha "cabronada" por parte de Tele5, pero el, un personaxe famoso non debería mexar na vía pública.
Se alguén ensina o cu nun parque público non creo que lle importe ensinalo na internet. Esto non é nada novo, só novas canles, antes e máis agora podente tirar unha foto e a pode ver moita xente, agora estas fotos saen na internet e aí esta ao alcance de moita máis xente, nin máis nin menos, non creo que ninguén lle roubase a intimidade. A intimidade é algo que un garda para sí, polo tanto se te poñes a lucir o cu nun sitio público onde te poden ver, fotografar, es ti o primeiro que non gardas a tua intimidade polo tanto ninguén esta a roubarcha.