Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Moi por riba da media estatal

A venda de pisos cae un 18% nos últimos doce meses

O mercado inmobiliario freou significativamente en Galiza neste treito, cun descenso que no resto do Estado só foi maior en Aragón.

Redacción - 15:00 12/06/2007

Cun 18% menos de transaccións realizadas, Galiza é no conxunto do Estado onde máis se recortou a compravenda de vivendas, apenas por baixo de Aragón, onde segundo a estatística do Colexio de Rexistradores da Propiedade o mercado minguou até un 20% no mesmo período.

Entre os lugares onde o mercado inmobiliario estivo sendo máis activo, como a Comunidade Valenciana, Madrid, Cataluña e Andalucía, os descensos respectivos foron do 13, 15, 14 e 7,5% menos de vivendas vendidas.

Alén diso, o freo na actividade queda reflectido tamén no índice de venda das casas novas. Así, no primeiro trimestre seis de cada dez vivendas que cambiaron de mans eran pisos usados. O mercado de novas vivendas cae así neste período até un 16%.


4,43/5 (7 votos)


Comentarios (3)

Gaviotero #1 12/Xuño/2007 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Y todo esto, diría Touriño todo circunspecto o su paje Quintana, es gracias a las políticas de progreso que han llevado a cabo las mayorías de progreso todo ello dentro del cambio de progreso que estamos progresando...

Suben los tipos de interés que, por otro lado, dificultan el pago de las hipotecas, y se decelera la subida del precio de la vivienda.
Siempre fue así.

Brais #2 12/Xuño/2007 Brais
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Taría aínda mellor que caera cada ano un 18% o prezo dos pisos

A2b2 #3 12/Xuño/2007 A2b2
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

E se caira o 50% estaría de "puta madre"!! ¡Abaixo os especuladores! ¡Abaixo os ladróns de guante blanco!

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: