Subliñaron os fiscais que non hai "delito ningún", pero as acusacións particulares de colectivos como a AVT forzaron na Audiencia Nacional a apertura do xuízo.
Hai catro anos que as forzas policiais arramplaron na sede do diario Egunkaria, daquela o único en éuscaro, e baixo a acusación asinada polo xuíz Del Olmo de seren presunto instrumento controlado pola ETA, pecharon a publicación.
A acción foi longamente denunciada por colectivos en defensa dos dereitos civís como un exceso na actuación das forzas de seguridade. Catro anos despois, a fiscalía deulles a razón aos acusados: non existía proba ningunha contra eles, polo que solicitaban pechar definitivamente o proceso.
E con todo, a Audiencia Nacional concede agora a apertura do xuízo oral e desestima o recurso de súplica interposto polos sete procesados. A Sala do Penal da Audiencia Nacional argumenta que responde á acusación popular, exercida pola Asociación de Vítimas do Terrorismo e o colectivo Dignidade e Xustiza.
Pruebas? Para que quieren pruebas? Si unos son los buenos y otros son los malos y todo el mundo lo sabe, no hacen falta pruebas. Que no habian cometido ningun delito? Poco importa. Si son los malos, obviamente, aunque no hayan cometido aun ningun delito, cosa que me extrana, seguro que lo van a hacer en el futuro. Hay que irlos castigando por si acaso.
Lo importante es saciar la sed de sangre y venganza de una audiencia alimentada de odio para no perder las proximas elecciones.
O que me preocupa do asunto é que se non hai probas, semella ser que A proba é a lingua na que está escrita. É abondo sospeitoso que sexa en éuscaro. Non o digo a mantenta, estase a ver no xuízo do 11-M como anda a Audiencia coas traducións.
Se en Galiza comeza a ver un ruxerruxe por parte dalgúns de imposició do galego, teño a paranoia no corpo de que o que en Serbia foi limpeza étnica poida ser noutras lonxitudes (na mesma latitude) limpeza lingüística.
A limpeza étnica non foi só propia de Servia, eh? Non sexa pardcial.
Hai outra proba ben á vista: VASC*S!