Os líderes do PSdeG ferrolán, Vicente Irisarri, e de EU, Iolanda Díaz, informaron este martes do pacto. O BNG responde o xoves ao convite a integrarse nun tripartito.
PSdeG e Esquerda Unida chegaron este martes ao punto de encontro final sobre o deseño do novo goberno local ferrolán. Así e todo, informaron que o plan para o reparto competencial foi elaborado para dous escenarios posíbeis, un deles para a coalición exclusiva das dúas formacións e outro deseño contemplando a integración do BNG no acordo de goberno.
O líder do BNG en Ferrol, Xoán Xosé Pita, que en días pasados xa mantivo contactos coas outras dúas formacións, foi informado xa das áreas que ao fío desas negociacións entre as tres forzas, lle corresponderían ao Bloque no posíbel tripartito. A asemblea local dos nacionalistas este próximo xoves será clave para decidir sobre a integración do BNG no goberno. Á espera desa decisión, socialistas e Esquerda Unida convocaron aos medios para o próximo venres, día anterior á constitución formal das novas corporacións municipais, para informar dos detalles do novo goberno local.
Xoan Xosé Pita deberia demitir, vaia candidato!!! O BNG pagou aqueles anos de xaime-bellismo indo de misa en misa e do lastrismo, sector dereitoso que mentres estea no seo do bng vai impedir a muita xente botar a este partido. A única posibilidade que tiña o BNG en Ferrol era que o salvara a intelixéncia e bon facer de Xosé Manuel Pazos, e van os moi burros e o queren pinzar. Asi o BNG de Ferrol non o amaña ninguen...nen Tellado facendo un STREEPTES
Pola Base oponse a que o BNG escolla o candidato á Xunta nunha asemblea de delegados
Edición xeral
Medio Rural pide aos gandeiros e á industria un compromiso decisivo cos contratos homologados
Edición xeral
Vidal-Quadras critica as chiscadelas de Rajoy cos "independentistas suevo-celtas"
Edición xeral