Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ACTO DE PROTESTA

Deitan símbolos da ditadura franquista diante da sede central da Xunta

Deste xeito, Nós-UP denuncia a "pasividade" do Goberno á hora de erradicar as iconas do franquismo dos espazos públicos.

Redacción - 19:38 13/06/2007

Os funcionarios e cidadáns que acoden cada día até a sede da Xunta en San Caetano atopáronse cunha sopresa este mércores. Militantes de Nós-UP depositaron 200 símbolos da ditadura franquista diante dunha das portas que dan acceso ao recinto.

Bruno Lopes, membro da dirección desta formación política, explicoulle a Vieiros que ademais deste acto simbólico tamén entregaron un escrito no rexistro da Consellaría de Presidencia. No documento instan ao departamento a traballar pola erradicación de toda esta simboloxía dos espazos públicos.

A organización independentista lembra que con este acto remata unha campaña que se iniciou en 2005 baixo o lema de “simboloxía fascista, fóra da Galiza”. Segundo explican, optaron por pasar a acción logo "da pasividade do goberno bipartito".


4,4/5 (45 votos)


Comentarios (7)

xoca #1 14/Xuño/2007 xoca

Pareceme moito ben esta iniciativa, gostariame saber temén se os políticos que nos están governando pon-se colorados ou respostan como sempre que é un problema menor, que está ben protestar se estás na oposición pero cando governas tes temas máis importantes nos que pensar

piorno #2 14/Xuño/2007 piorno

As «iconas»???

Que barbaridade!

Seria concebível que a Real Academia Espanhola inventasse a palavra «icoños» para se referir aos ícones?

Há gente que engole tudo o que lhe botam. Que desprezo pola língua.

Em galego, ícones.

piorno #3 14/Xuño/2007 piorno

Do grego «eikón, ónos», 'imagem', polo latim «icone».

tensi #4 14/Xuño/2007 tensi

non vos parece que vos ides un pouco do tema?. era sobre os símbolos fascistas que seguen a insultarnos cada día. e a pesar de todos os que se tiraron aínda hai moitos, máis do que a xente cre, sobre todo en igrexas (fachadas, camposantos, muros). non dá que pensar?

A2b2 #5 15/Xuño/2007 A2b2

e porqué non montan unha tómbola con eles? Así ainda lle poden quitar uns cartiños.

Gaviotero #6 17/Xuño/2007 Gaviotero

Vaya payasos...ellos sí que son simbología fascista pura y dura.

Ghaviotero #7 10/Outubro/2007 Ghaviotero

Bla bla bla non escoito non escoito... ti es máis fascista... blep blep blep....

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: